Home Lugo O IES Lois Peña Novo de Vilalba deseña recursos didácticos innovadores sobre...

O IES Lois Peña Novo de Vilalba deseña recursos didácticos innovadores sobre as últimas tecnoloxías da automoción

- Anuncio -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, gabou a implicación do profesorado e o alumnado nos proxectos de innovación educativa, “que xurden e se desenvolven nos propios centros”


O IES Lois Peña Novo de Vilalba presentou hoxe un proxecto de innovación educativa centrado na creación dunha unidade didáctica sobre o funcionamento dos vehículos de pila combustible Fuel Cell.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, subliñou que a iniciativa parte do departamento de Transporte e Mantemento de Vehículos ao abeiro da convocatoria de programas de Innovación didáctica na Formación Profesional que realiza a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Segundo expuxeron desde o IES, a proposta xurdiu do interese de varios docentes do centro en formarse sobre as últimas últimas tecnoloxías no ámbito da mobilidade e a sostibilidade medioambiental, co obxectivo de achegar recursos didácticos innovadores para o alumnado da familia de Transporte e Mantemento de Vehículos, xa que se trata dun contido pioneiro na ensinanza de FP.

O proxecto estima que o vehículo de pila de combustible de hidróxeno é un gran vector a empregar no sector da automoción para todo tipo de vehículos que percorren longas distancias ou levan grandes cargas (turismos, vehículos industriais, trens…. ) e fai fincapé no seu rápido reabastecemento e baixas emisións.

Arias gabou a implicación do profesorado e o alumnado nos proxectos de innovación educativa, “que xurden e se desenvolven nos propios centros”, e salientou que a Formación Profesional “é hoxe unha opción educativa estratéxica de cara á dinamización laboral en Galicia”.

Por último, o delegado trasladou o compromiso da Xunta “para seguir consolidando a calidade do ensino público” e puxo en valor os investimentos para mellorar infraestruturas educativas na provincia de Lugo, entre eles o propio IES Lois Peña Novo, no que actualmente están en marcha obras de rehabilitación por un importe próximo aos 247.000 euros.

Relacionadas

A Xunta inicia en Valdeorras a Primavera de portas abertas nas rutas dos...

0
O director de Turismo Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe en Valdeorras na inauguración da Primavera de portas abertas que a Xunta leva a cabo...

O turismo galego medra un 12% nos tres primeiros meses do ano consolidando así...

0
O turismo galego continúa consolidando a súa desestacionalización, como demostran os resultados feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que indican que no...

Os centros de saúde e os hospitais da Área Sanitaria conciencian sobre a importancia...

0
Os centros asistenciais de Pontevedra e O Salnés realizaron hoxe diversas actividades divulgativas con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans, unha iniciativa...

A Xunta de Galicia concluirá este verán as obras de mellora da rede de...

0
 Ángeles Vázquez lembra que o obxectivo é solucionar a falta de presión nalgunhas zonas e de capacidade de almacenamento, de cara a facer...

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial...

A Xunta destaca a colaboración co Colexio de Psicólogos no eido das emerxecias que...

0
O director xeral e Emerxencias e Interior participou na inauguración do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía...

Publicacións Relacionadas