Home A Coruña A Xunta incorpora os concellos de Monfero e Taboada ao programa Xantar...

A Xunta incorpora os concellos de Monfero e Taboada ao programa Xantar na Casa

- Anuncio -

― A través desta iniciativa garántese unha dieta equilibrada e saudable a unha vintena de veciños da localidade coruñesa e a outros dez da lucense

― Xa hai 190 municipios adheridos a esta proposta, coa que se atende diariamente a 1745 persoas

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asinou hoxe cos alcaldes de Monfero e Taboada, Andrés Feal e Ramiro Moure, respectivamente, a incorporación destes dous concellos ao programa de atención alimentaria a domicilio Xantar na casa. Unha vintena de veciños do municipio coruñés e outros dez do lucense beneficiaranse deste servizo que a Xunta desenvolve en colaboración coas entidades locais.

O obxectivo de Xantar na casa é garantir unha dieta saudable, equilibrada e adaptada ás necesidades de cada usuario, que son, principalmente, maiores que viven sos. Esta iniciativa tamén se dirixe ás persoas dependentes e a aquelas con poucos recursos que están en risco de exclusión.
A comida repártese nas vivendas nunha única entrega para todos os días da semana, incluídos sábados, domingos e festivos; polo que soamente hai que quentala antes de consumila. Aos destinatarios tamén se lles facilitan os electrodomésticos que precisen no caso de que carezan deles, como neveira e microondas.

Seguimento individualizado
Ademais de ofrecer uns menús sans, a través desta iniciativa é posible facer un seguimento individualizado, previr posibles incidencias e actuar con celeridade ante calquera incidencia.
Son os servizos sociais municipais os que se encargan de seleccionar as persoas beneficiarias. Pola súa banda, a Xunta financia o 50% do custe da comida e o resto o asumen, a partes iguais, os concellos e os beneficiarios.

Coa incorporación de Monfero e Taboada, son xa 190 as localidades de toda Galicia adheridas ao Xantar na casa, co que se atende diariamente a 1745 persoas.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas