O Concello de A Guarda está a elaborar un Plan Municipal de Emerxencia e Xestión do Risco de Seca co obxectivo de establecer as accións a desenvolver en caso de que se produzan situacións de escaseza de auga.
Este proxecto estase a desenvolver ao abeiro dunhas axudas concedidas por Augas de Galicia destinadas á redacción deste tipo de plans.
Para determinar as mellores solucións para cada escenario dende o Concello queremos solicitar a participación de todas as partes implicadas. Esta participación se realizará de xeito telemático a través de dous talleres: un primeiro taller ao que se poderá acceder entre os días 18 e 21 de novembro e un segundo taller no que se poderá colaborar entre o 23 e o 25 de novembro. O acceso a estes talleres realizarase a través do sitio web: https://planemerxenciaseca.gal/a-guarda
As dúbidas e información adicional pódense remitir ao departamento de medio ambiente a través do correo electrónico medioambiente@aguarda.es ou chamando ao teléfono do Concello: 986 61 00 00.