Home A Coruña Trenor participou na inauguración do obradoiro de emprego de Dumbría, Cee e...

Trenor participou na inauguración do obradoiro de emprego de Dumbría, Cee e Corcubión no que se formarán a 20 desempregados en promoción turística e en instrución en ioga

- Anuncio -

— O representante do Goberno autonómico animou ás mozas e mozos a aproveitar esta formación, adaptada ás necesidades das empresas da contorna, para poder atopar un emprego

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na inauguración do novo obradoiro de emprego de Dumbría, compartido con Cee e Corcubión, no que se formarán a 20 alumnos, en dúas especialidades: promoción turística local e información ao visitantes e en instrución en ioga, cun investimento por parte da Xunta de máis de 346.000 euros,

O delegado da Xunta felicitou aos participantes: “porque teredes a oportunidade de formarvos durante 9 meses para mellorar as vosas capacidades profesionais e a vosa empregabilidade, polo que é moi importante aproveitar esta formación porque será unha importante axuda para que atopedes un emprego”.

O representante do Goberno autonómico puxo en valor esta formación porque “non sería posible sen a estreita colaboración entre concellos e Xunta. A administración autonómica é a que aporta o financiamento e os concellos a organización”. “É o mellor exemplo –recalcou- do éxito cando existe unha boa colaboración entre administracións”.

Trenor lembrou que os obradoiros están dirixidos á realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos. Os obradoiros duais dan a opción aos alumnos a un contrato de traballo nunha empresa da zona durante un mínimo de tres mes
O delegado da Xunta recalcou que nesta comarca de Bergantiños-Costa da Morte levaranse a cabo un total de cinco talleres ordinarios duais. Mediante estas iniciativas a Consellería de Emprego e Igualdade investirá en políticas activas de emprego nesta comarca Bergantiños-Costa da Morte máis de 1,7 millóns de euros
Os talleres de formación duais serán o de Camariñas, compartido con Muxía e Vimianzo; o de Carballo; o de Cerceda, compartido con Tordoia e Trazo; o de Dumbría compartido con Cee e Corcubión e o da Laracha.
Estes obradoiros permitirán que un total de 100 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais é de nove meses.
Trenor destacou que “os talleres de emprego permiten dotar a nosa poboación activa de formación de calidade ao tempo que desenvolver un traballo produtivo de utilidade pública ou interese social, coa posibilidade de acreditalo a través dos certificados de profesionalidade”.

Ampliación da convocatoria
A Xunta vén de reforzar a convocatoria deste ano de obradoiros , co seu maior orzamento, o maior número de accións e de persoas beneficiarias. Na actual convocatoria se acadan múltiples cifras récord: en canto a orzamento, o maior da década o que permitrá desenvolver un total de 33 actuacións na provincia entre obradoiros duais e de garantía xuveníl cun investimento de máis de 11,3 millóns de euros.

Máis que formación
As persoas desempregadas que participan nestes programas -desenvolvidos por concellos, mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro do sector forestal- poden acceder ao longo de 9 meses a unha formación de calidade con opción a obter un certificado de profesionalidade e un contrato de traballo. Unha vez remata o obradoiro, teñen oportunidade de traballar nunha empresa da contorna por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa. Para este fin, a Xunta concede incentivos á contratación.

Con esta ferramenta incídese ademais na inserción no mercado laboral de persoas en situación de especial dificultade, entre outras, emigrantes retornadas; mulleres; vítimas de violencia de xénero; persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego; paradas de longa duración; con discapacidade; maiores de 45 anos; ou traballadoras e traballadores que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior.

NOVOS OBRADOIROS COMARCA COSTA DA MORTE 2021-2022

OBRADOIROS DUAIS DE EMPREGO
COMARCA COSTA DA MORTE
DENOMINACIONCONCELLOOUTROS CONCELLOSAXUDA CONCEDIDA
   “CONSTRUÍNDO FUTURO”    Camariñas Muxía – Vimianzo346.946,00 €
   “CARBALLO COIDA”    Carballo 346.946,00 €
   “O. E. CERCEDA-TORDOIA-TRAZO III””    CercedaTordoia –  Trazo346.946,00 €
   “CAMIÑO DO SOLPOR 4”    DumbríaCee – Corcubión346.946,00 €
   “A LARACHA VII””  A Laracha 346.946,00 €
TOTAL5 obradoiros1.734.730,00 €

Relacionadas

A Xunta inicia en Valdeorras a Primavera de portas abertas nas rutas dos...

0
O director de Turismo Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe en Valdeorras na inauguración da Primavera de portas abertas que a Xunta leva a cabo...

O turismo galego medra un 12% nos tres primeiros meses do ano consolidando así...

0
O turismo galego continúa consolidando a súa desestacionalización, como demostran os resultados feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que indican que no...

Os centros de saúde e os hospitais da Área Sanitaria conciencian sobre a importancia...

0
Os centros asistenciais de Pontevedra e O Salnés realizaron hoxe diversas actividades divulgativas con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans, unha iniciativa...

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

Publicacións Relacionadas