Home Deputacións Deputación Pontevedra A Volta a Galicia "O Gran Camiño" chegará a provincia de Pontevedra...

A Volta a Galicia “O Gran Camiño” chegará a provincia de Pontevedra con grandes profesionais e un atractivo percorrido

- Anuncio -

O itinerario da primeira etapa ente O Porriño e Vigo está a ser deseñado por Álvaro Pino “para amosar unhas paisaxes únicas” que serán foco de atención de medios de comunicación de todo o mundo

Na presentación xa se confirmou a participación de equipos como Movistar e o Israel Start-Up Nation e de alo menos tres corredores da provincia

A provincia de Pontevedra revalídase como “a gran provincia do ciclismo” ao acoller a primeira etapa da Volta Ciclista a Galicia “O Gran Camiño”, que discorrerá o xoves 24 de febreiro con saída no Porriño e final en Vigo. A Volta contará con grandes equipos, con ata tres corredores da provincia e será retransmitida a todo o mundo ao través de Eurosport. Así confirmouse hoxe na sede da Deputación en Vigo na presentación oficial da etapa, acto no que a presidenta, Carmela Silva, estivo acompañada de Ezequiel Mosquera, responsable da organización da Volta, amais de recoñecidas figuras do ciclismo como Marcos Serrano, último galego que gañou como profesional a Volta a Galicia, Oscar Pereiro, Samuel Blanco, Delio Fernández, Alejandro Marque, Carla Fernández, do Club Farto, amais de Ana Portela, do Grupo Deportivo Froiz e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo.

“O Gran Camiño” achega de novo a Galicia unha competición ciclista profesional na que participarán equipos de primeiro nivel. A última confirmación é a do Israel Start-Up Nation, onde corre Chris Froome (gañador de catro Tour de Francia, dúas Voltas e un Giro), e que se suma ao equipo Movistar, xa confirmado anteriormente. Ademais, dende a organización confían en poder desvelar pronto outras formacións de referencia. Entre os corredores que estarán na Volta a Galicia atópanse catro ciclistas galegos. Tres deles, son da provincia o que pon de manifesto o arraigo que o ciclismo ten no territorio. Trátase de Alejandro Marque (da Estrada), Samuel Blanco (Redondela) e Delio Rodríguez (Moaña), cuxa participación é altamente probable unha vez que se decida o seu futuro profesional. A Volta contará ademais co presencia de Carlos Canal, da provincia de Ourense.

Carmela Silva fixo fincapé na importancia deste tipo de acontecementos que teñen “un enorme poder de atracción. De feito -recalcou- no noso II Plan Estratéxico de Turismo temos aos eventos deportivos un como elemento fundamental da atracción de visitantes”. Para conseguir isto A Volta será seguida por “ducias de medios de comunicación en todo o mundo”, que difundirá as paisaxes de Pontevedra provincia e o resto de Galicia a nivel internacional. Deste xeito “a xente seguirá a volta á vez que ve unhas paisaxes que son únicas, porque nós vivimos no paraíso”.

Estas paisaxes están a ser escollidas polo ex ciclista profesional Álvaro Pino, que é a persoa que se está a encargar do deseño do percorrido. Nunha intervención por vídeo adiantou que este ía a ser “atractivo tanto para os ciclistas como para ás e os afeccionados, que desfrutarán dunha gran etapa e dun gran día”. Neste senso, Ezequiel Mosquera-responsable da empresa que organiza a Volta- lembrou que “a primeira etapa é un punto de contacto coa carreira e non debemos de facela moi dura e -engadiu- ao final o importante é ter equipos con ganas de guerra”. Mosquera deu as gracias “de corazón a aposta das distintas administracións” que fan posible esta proba e fíxoo de xeito especial coa Deputación de Pontevedra “por ser 100% permeable á proposta que se fixo precisamente polos valores fundamentais que ten a provincia neste deporte. Un deporte con arraigo histórico en Galicia, pero sobre todo aquí, no berce do ciclismo”.

Carmela Silva animou a todo o mundo a seguir a proba e participar activamente nela. Ademais, puxo de manifesto que A Volta a Galicia “vai a permitir que todos os nosos clubs poidan dar pasos cara adiante” como todo o traballo que están a facer por sumar a nenas e mozas aos equipos, un feito que a presidenta provincial agradeceu de forma expresa.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas