Home Pontevedra O Hospital Montecelo acolle mañá unha nova xornada de atención compartida cunha...

O Hospital Montecelo acolle mañá unha nova xornada de atención compartida cunha visión en rede da psiquiatría entre a Atención Primaria e a Atención Hospitalaria

- Anuncio -

― Analizaránse diversos eidos da atención compartida en Psiquiatría coma son a saúde mental en Galicia, a atención aos trastornos mentais e ao suicidio, os retos da atención psicoterapéutica no Sistema Público de saúde ou a visión da atención sanitaria desde a voz dos propios pacientes

O hospital Montecelo acolle mañá pola tarde unha nova Xornada de Atención Compartida enmarcada nas que a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés organiza entre novembro deste ano e o vindeiro mes de marzo de 2022 e que incidirán en acadar unha visión en rede da Atención Primaria e a Atención Hospitalaria nesta área de saúde.

Así, mañá xoves ás 17 horas analizaránse no salón de actos de Montecelo diversos eidos da atención compartida en Psiquiatría coma son a saúde mental en Galicia -ponencia que correrá a cargo da xefa de servizo de Saúde Mental da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do SERGAS, María Tajes-; a atención aos trastornos mentais e ao suicidio; os retos da atención psicoterapéutica no Sistema Público de saúde ou a visión da atención sanitaria desde a voz dos propios pacientes.

Segundo sinala o xefe de servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e moderador deste evento, o doutor Alfonso Casas Losada, “esta xornada axudará a mellorar as competencias profesionais na atención compartida entre Atención Primaria e Atención Hospitalaria, diagnosticando situacións mentais conxuntas entre os eidos da Medicina e da Enfermería na Área Sanitaria”.

Atención Compartida en cinco especialidades
Dirixidas a persoal facultativo, de enfermaría e sanitarios en formación -residentes- as Xornadas de Atención Compartida avanzan cara a acadar unha visión comunitaria na abordaxe das patoloxías máis frecuentes en cinco especialidades: Dermatoloxía -sesión que se celebrou o pasado 11 de novembro-; Psiquiatría -sesión de mañá, xoves 25 de novembro-; Uroloxía -sesión do vindeiro 27 de xaneiro de 2022-; Procesos Infecciosos -sesión do vindeiro 24 de febreiro de 2022- e Hematoloxía -sesión do 17 de marzo de 2022- integrando a voz do paciente na mellora da atención sanitaria.

Tanto os hospitais coma os centros de Atención Primaria realizaron cambios organizativos para adaptarse a esa demanda de maior coordinación e continuidade -por exemplo, as vías de diagnóstico rápido ou os procesos asistenciais integrados-. A Atención Compartida vincúlase á atención en equipo, moi distinta da habitual atención en serie. A organización busca avanzar na abordaxe da cronicidade e da atención preventiva á poboación, tamén na atención a domicilio, que no SERGAS continuará a estenderse por toda a Comunidade.

Relacionadas

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as...

0
— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras...

0
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras,...

Publicacións Relacionadas