Home Xunta de Galicia A Xunta retoma a campaña "o que se enchufa ,recíclase" para superar...

A Xunta retoma a campaña “o que se enchufa ,recíclase” para superar os 5 kg ao ano de aparellos eléctricos que xa recicla cada galego

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez lembra que cando estes materiais rematan a súa vida útil, poden ser depositados nas superficies comerciais ou nos puntos verdes municipais, co fin de que entren novamente na cadea e se facilite a fabricación dun novo produto


— O lanzamento desta iniciativa coincide co Black Friday, ao ser un período comercial onde a venda destes produtos aumenta considerablemente


— O secretario xeral de ADEN subliña que grazas á recollida de RAEE nas súas superficies evitouse na última década a emisión de 48.000 toneladas de CO2

A Xunta retoma a campaña informativa O que se enchufa, recíclase, co obxectivo de que a taxa galega de reciclaxe de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), 5 quilogramos por habitante ao ano, medre aínda máis.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presentou esta mañá unha nova edición desta actuación coa que dar “infinitas vidas” a estes materiais acompañada de Rafael Serrano, de Ecolec, en representación dos sistemas colectivos de responsabilidade ampliada do produtor (SCRAP) de RAEE; o secretario xeral da Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN), Javier de la Cerna; e representantes de superficies comerciais.

Ángeles Vázquez salientou que nestas iniciativas está parte do éxito de recollida de 13.661 toneladas no ano 2020, un período que, a pesar de estar marcado pola pandemia sanitaria da covid-19, acadou cifras similares aos anos anteriores, o que pon de manifesto o compromiso da sociedade galega.

Indicou que, grazas a este esforzo, nos últimos tres anos recolléronse máis de 40.000 toneladas de RAEE e incrementouse nun 11% a recollida ao abeiro da colaboración que manteñen a Xunta e os SCRAP.

Cómpre lembrar que pola compra en liña ou en tenda física dun destes aparellos, o usuario ten dereito á recollida do vello —gratuíta no caso das superficies de máis de 400 m2— no momento da entrega para reciclalo e darlle moitas máis vidas. Ademais, tamén se poden depositar nos puntos verdes municipais.

Pola súa banda, o secretario xeral de ADEN, que reúne aos empresarios do sector, lembrou a importancia de manter este tipo de actitudes, pois grazas á recollida de RAEE nas súas superficies evitouse na última década a emisión de 48.000 toneladas de CO2 á atmosfera e se recuperaron 20.000 toneladas de materiais.

Coincidencia co ‘Black Friday’
Así mesmo, Ángeles Vázquez defendeu que aínda hai “marxe de mellora”, polo que na semana actual do Black Friday, un período comercial no que medra considerablemente a venta de aparellos electrónicos e eléctricos, tecnoloxía e dispositivos dixitais, podemos depositar nestes establecementos comerciais os materiais en desuso para que, tras a súa correcta xestión, entren novamente na cadea e se facilite a fabricación dun novo produto.

Todos os presentes apostaron por manter estas campañas de concienciación e formativas, para visualizar o valor destes dispositivos, unha vez que remata a súa vida útil, polo que estar presente nas grandes superficies comerciais é o xeito máis directo e fácil para concienciar aos cidadáns. Ademais, tamén se están a levar a cabo accións enfocadas á mocidade, con mensaxes que se divulgan nas plataformas dixitais de información e música.

A campaña de 2021 artéllase a través dos lemas Aspiro a ter infinitas vidas, O elixir da eterna xuventude… ou case, 7 vidas ten un gato. Paréceme pouco e Superheroes? Eu si que son inmortal, que se visibilizarán nas redes sociais, nos xornais dixitais e en 220.000 dípticos co fin de “darlle moitas máis vidas” a estes produtos.

Por último, o representante dos SCRAP, Rafael Serrano, animou á sociedade a reciclar para “converter esta campaña nun éxito”.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación

0
O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graosA precipitación media acumulada foi un...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1M€...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá, este ano, case 1M€ en obras para dotar a varios núcleos do Concello de Lousame dun sistema...

Preto de 200 agrupacións de persoal voluntario de protección civil benefícianse do apoio da...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 340.000 eurosEstas achegas complementan a outra orde de axudas...

Galicia rexistra en abril a cifra de desemprego máis baixa de toda a serie...

0
Salientou o dato histórico de 126.334 persoas en paro acadado na comunidade galega no mes de abril e indicou que é a primeira comunidade...

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Publicacións Relacionadas