Home Pontevedra O Concello leva aos institutos a necesidade de traballar pola igualdade e...

O Concello leva aos institutos a necesidade de traballar pola igualdade e eliminar a violencia machista e sexista con ‘Non deixes que te enREDen’

- Anuncio -

A Concellería de Igualdade quere poñer o foco de atención na violencia sexual, física ou psicolóxica nas parellas de adolescentes e nas redes sociais

“A loita pola igualdade e a erradicación da violencia machista ten que comezar polo ensino e inculcar eses valores entre a poboación máis moza”, sinalou a alcaldesa Digna Rivas que hoxe asistiu no IES Illa de San Simón a unha das charlas que, baixo o lema ‘Non deixes que te enREDen’, quere poñer de manifesto a gravidade da violencia machista entre parellas adolescentes.

As charlas, que comezaban o luns 22no IES de Chapela continuaban onte martes, 23 de novembro no IES Floriani para desenvolverse hoxe mércores 24 de novembro no IES Illa de San Simón e pecharse, o venres 26 de novembro, no IES Mendiño.

A Concellería de Igualdade, que xestiona Iria Vilaboa, insistiu na importancia que ten o feito “que a poboación máis interiorice a necesidade de acadar unha igualdade real entre homes e mulleres como paso fundamental para erradicar a violencia machista”.

A diminución da idade nas agresións sexuais e a violencia machista nas súas máis diversas facetas –violencia psicolóxica, física, control, chantaxe ou acoso a través das redes sociais– é un feito e “só con iniciativas que involucren ao sector máis novo da sociedade, seremos quen de conseguir eliminalas e comezar a construír un mundo máis xusto e unha sociedade máis igualitaria e decente”, afirmou a alcaldesa de Redondela.

Digna Rivas lémbralle a mocidade que o que se escribe nas redes sociais ou mensaxes que se intercambian polos sistemas de mensaxería instantánea, “poden ser tamén constitutivas de violencia machista”. A alcaldesa e a concelleira de Igualdade insistiron en que “aínda que a violencia física é a máis visible, outras violencias poden ser exercidas a través das redes sociais ou whatsapp, como o acoso, o control ou a violencia psicolóxica que non deixan de ser diversas formas dun mesmo problema: a violencia machista”.

Relacionadas

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

Publicacións Relacionadas