Home Lugo A Mariña Central A Xunta felicilita a Mondoñedo por ser primeiro concello en completar a...

A Xunta felicilita a Mondoñedo por ser primeiro concello en completar a Área Rexurbe

- Anuncio -

— Foi o primeiro municipio en declarar esta figura recollida na Lei de rehabilitación, en deseñar o seu plan de dinamización e agora en poñer en marcha o Centro Rexurbe, “o motor e cerebro” desde o que se impulsarán as actuacións que dinamicen esta zona desde o punto de vista social, cultural, medioambiental e económico

— Traslada o apoio e colaboración do Goberno galego para o desenvolvemento dos proxectos que figuran no plan de dinamización, que recolle un investimento de 17 millóns de euros

— Avanza que esta mesma tarde asinará o convenio de colaboración para actuacións na Área de rehabilitación integral para Mondoñedo, que nesta convocatoria recibe máis fondos (400.000 euros) por contar cunha Área Rexurbe

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, felicitou ao Concello de Mondoñedo por ser o primeiro municipio en completar a Área Rexurbe.

Recordou que esta figura, e os elementos que interveñen, está recollida na Lei de rehabilitación de Galicia e que Mondoñedo -en febreiro de 2020- se converteu nun referente ao ser o primeiro concello en declarar unha Área Rexurbe no conxunto da Comunidade, posición que refrendou coa aprobación do Plan de dinamización e que agora pecha coa posta en marcha do Centro Rexurbe.

A conselleira de Medio Ambiente mantivo unha reunión de traballo co alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, para analizar os proxectos en materia de rehabilitación no concello; e onde tamén puido saudar as tres traballadores deste “motor e cerebro” desde o que se impulsarán todas aquelas iniciativas, proxectos e programas para dinamizar este ámbito de 0,45 km2, que discorre o conxunto histórico, unha zona contigua dos Remedios e a rúa Álvaro Cunqueiro.

Así, “Mondoñedo conta cunha xanela única” na que centralizar e desde a que impulsar os proxectos que recolle a folla de ruta da Área Rexurbe, o plan de dinamización, que prevé un investimento de 17 millóns de euros ata o ano 2024.

Nese sentido, brindou o apoio e a colaboración dos distintos departamentos da Xunta para acceder aos recursos públicos e convocatorias de axuda, pois as intervencións da Área Rexurbe van máis alá da recuperación arquitectónica e urbanística, pois tamén aposta pola dinamización social, cultural, económica do ámbito de intervención.

Novo convenio ARI
A conselleira de Medio Ambiente adiantou que esta mesma tarde asinará coa ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, e os 22 concellos beneficiarios os convenios de 2021 para actuacións nas áreas de rehabilitación integral, entre os que se atopa Mondoñedo.

Recordou que -por contar cunha Área Rexurbe- obtivo unha maior puntuación á hora de realizar o reparto dos fondos e recibirá 400.000 euros para poñer en marcha actuacións que melloren o estado actual dos edificios que se integran na única ARI de Mondoñedo, Casco histórico e barrios de San Lázaro e Os Muíños.

Ángeles Vázquez destacou que o Goberno galego leva anos comprometido e apostando pola rehabilitación das vilas galegas, con diferentes liñas de actuación e incentivos dos que “Mondoñedo pode dar boa conta”.

A conselleira citou que este concello da Mariña está a executar os fondos consignados ao abeiro de anteriores convenios ARI (0,82 M€); foi incluído no Programa Rexurbe, polo cal se adquiriron 13 inmobles para rehabilitar e facilitar vivenda en alugueiro, solicitou varias axudas do Programa de vivendas de titularidade municipal (antigo programa de vivendas de mestres) por un importe global de máis de 65.000 euros, e tamén solicitou un préstamo (de 450.000 euros) ao abeiro do Fondo de Cooperación, para adquirir e rehabilitar o inmoble número 9 da Avenida das Lucas.

Nese sentido, o alcalde de Mondoñedo agradeceu a implicación e traballo realizado pola Consellería para “dinamizar no só o casco histórico, senón outras zonas do concello”; unha revitalización que tamén se fai desde o punto de vista social, comercial e cultural, ao recuperar edificios para o uso público e vivendas.

En definitiva, estas cifras poñen de manifesto o compromiso de Mondoñedo por mellorar o seu patrimonio edificatorio e a súa implicación co obxectivo do Goberno galego de potenciar a rehabilitación como instrumento para acceder a unha vivenda digna.

Relacionadas

A Xunta activa desde mañá servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de...

0
A XUNTA ACTIVA DESDE MAÑÁ SERVIZOS DE AUTOBÚS ENTRE VIGO E O AEROPORTO DE SANTIAGO PARA ATENDER OS VIAXEIROS AFECTADOS POLO PECHE TEMPORAL DA...

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Cociñeiros de toda España que suman máis de 80 Estrellas Michelín participarán en xuño...

0
O director de Turismo de Galicia participa na presentación desta iniciativa que cumpre a súa décima edición e que se celebrará na Finca Casa...

A Xunta celebra que o Campionato do Mundial de Motocross recale en Galicia esta...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na presentación do Gran Premio Galicia, correspondente á sexta proba das categorías MX1, MX2, WMX...

A Xunta e a Fundación MOP convocan bolsas no estranxeior para estudantes de fotografía...

0
— Catro alumnos poderán participar nun programa educativo na Fundación Sozzani de Milán durante os meses de setembro a decembro deste ano — A directora...

Galicia terá este ano 114 praias con bandeira azul, a terceira comunidade autónoma con...

0
— Suma un areal máis respecto ao balance do exercicio anterior e aínda que non hai ningunha incorporación nova, catro das praias distinguidas recuperan...

Publicacións Relacionadas