Home Vigo Mos Delito contra a saúde pública

Delito contra a saúde pública

- Anuncio -

Detido un home de 50 anos do Porriño por un delito contra a saúde pública

O día 03 de decembro do ano en curso, mentres se realiza servizo de patrulla polo termo municipal de Mos, concretamente na parroquia de Sanguiñeda, obsérvase un vehículo nunha zona apartada, o cal levanta as sospeitas dos Axentes de servizo.

Ao observar a presenza policial o ocupante do mesmo abandona o seu posto de condución introducíndose nunha zona boscosa, cando os Axentes chegan á súa altura poden observar como este home disimula facendo coma se buscase algo entre a maleza.

Realízase un rexistro superficial do vehículo, observando dous teléfonos móbiles e varios moedeiros con diñeiro, así mesmo búscase entre a maleza recuperando outra carteira a cal no seu interior ocultaba gran cantidade de dose do que parecía ser substancia estupefaciente, atopándose xa separadas en envoltorios individuais e con inscricións identificativas.

Solicítase cooperación a Garda Civil, enviando o Instituto Armado unha patrulla que colabora activamente no traslado do detido, efectos e vehículo a Xefatura de Policía Local, onde se practican as primeiras dilixencias para o seu posterior traslado ao Posto da Garda Civil de Mos e posta a disposición xudicial.

En concreto ocupáronselle, ademais dos dous teléfonos móbiles, un total de 25 dose de suposta substancia estupefaciente, así como máis de 350 € en billetes e moedas de diferentes cantidades.

Relacionadas

O Concello avanza con paso firme na reforma integral da Escola Unitaria de Tabagón

0
Xa se comezaron a implantar medidas para a eficiencia enerxética do inmoble, que será 100% accesible O Concello do Rosal avanza con paso firme na...

A Deputación abre este venres o prazo para solicitar axudas para financiar o...

0
O novo programa “O teu espazo xuvenil”, dotado con 100.000 euros, está destinado aos concellos de menos de 20.000 habitantes, que recibirán ata un...

O Concello de Bueu pospón as “Xornadas abertas de alfombrismo Corpus 2024” para o...

0
As xornadas trasládanse debido ao mal tempo desta fin de semana, e están abertas a toda a cidadanía, cativada e maiores O Concello de Bueu...

Captura a beleza da contorna co obradoiro de prensar a flora da OMIX de...

0
Con 4 horas de duración celebrarase o 8 de xuño na PrazaCultura de Goián. Xa está aberta a inscrición na web municipal Contactar coa natureza,...

O boxeo será protagonista no Porriño coa “Fight Night” o 11 de maio

0
O porriñés Álex “Coraje” Castro batirase co vigués Diego CastroAs entradas están xa a venda, con descontos por compra anticipada O vindeiro 11 de maio...

Domínguez e Pardo critican a “resposta evasiva” do Goberno para seguir coa A-57

0
• Pardo: “O Goberno de España seguirá adiante cun proxecto que non atende ás peticións dos veciños das parroquias afectadas” • O PP de Pontevedra...

Publicacións Relacionadas