Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Campo Lameiro 13 empresas presentan as súas ofertas para dotar de saneamento o núcleo...

13 empresas presentan as súas ofertas para dotar de saneamento o núcleo de Reboredo, no concello de Campo Lameiro, cun investimento de preto de 363.000€

- Anuncio -

― Os traballos, que contan cun prazo de 4 meses, permitirán levar as augas residuais urbanas desta poboación á depuradora existente na Laxe para o seu tratamento

― Esta obra enmárcase no convenio de colaboración polo que a Xunta asume o 80% do investimento e o Concello contribúe co 20% restante

― Construirase unha nova rede con 1.386 metros de lonxitude, formada por seis colectores de saneamento de augas fecais, deseñada para atender unha poboación de 65 habitantes para o ano horizonte de 2041

― O departamento que dirixe Ethel Vázquez mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz as súas competencias municipais de saneamento, abastecemento e depuración

Un total de 13 empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras para dotar de servizo de saneamento o núcleo de Reboredo, no concello de Campo Lameiro, cun investimento de preto de 363.000 euros.

A actuación, que conta cun prazo de execución de 4 meses, enmárcase no convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, e o Concello de Campo Lameiro para levar o servizo de saneamento ao núcleo de Reboredo.

Segundo ese acordo, a Xunta cofinanciará a actuación nun 80%, ademais da contratación e execución das obras necesarias para levar as augas residuais urbanas á estación depuradora existente na Laxe para o seu tratamento.
Pola súa banda, o Concello de Campo Lameiro contribuirá ao financiamento do 20% restante, ao tempo que asume a tramitación das autorización precisas para posibilitar a execución das obras, así como a recepción, mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo.
As obras serán financiadas pola Unión Europea, no marco do Eixe REACT UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19.

O núcleo de Reboredo carece na actualidade de sistema de saneamento municipal adecuado, contando unicamente cunha canalización de augas pluviais de recente implantación.

Os traballos proxectados por Augas de Galicia consisten na construción dunha nova rede con 1.386 metros de lonxitude, formada por seis colectores de saneamento de augas fecais, con tubaxe. Os pozos de rexistro executaranse in situ, con cerco e tapa de fundición.

Con esta actuación darase servizo a unha poboación de 65 habitantes para o ano horizonte de 2041.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento, abastecemento e depuración, que son de competencia local.

Relacionadas

Diego Calvo participa como piloto nun dos tramos da oitava edición do ‘Eco Rallye...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou a importancia deste evento que reuniu a medio cento de pilotos e que pasará ata o...

O Concello instala unha marquesiña en Dr. Otero Ulloa para as persoas usuarias do...

0
A orientación da marquesiña responde a cuestións de seguridade e accesibilidade, ademais de evitar molladuras e incomodidades nos días de mal tempo O concelleiro de...

O Museo do Mar organiza unha nova edición da súa homenaxe ás mulleres e...

0
A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, presentou xunto coa directiva da asociación este evento, que será este domingo e contará cun recoñecemento pola mañá...

O Concello informa dun corte puntual da auga en Jaime Janer o luns 23...

0
Será entre as 09.00 e as 13.00 horas e ten que ver coas obras de saneamento, que supoñen a renovación do colector do río...

10 anos, récord de participación e dúas olímpicas: a Masterclass de Agarimo que encherá...

0
A alcaldesa, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, recibiron esta mañá no Concello aos directivos do club marinense e ás...

Un total de 650 persoas participarán na Terceira Anadaina concello de Campo Lameiro que...

0
Levarase a cabo sobre un percorrido longo de 24 quilómetros, outro 14 Kms. e un pequeno de 8 Kms. Un total de 650 persoas formalizaron...

Publicacións Relacionadas