Home A Coruña A start- up biotecnolóxica galega Origo Biopharma foi adquirida polo grupo biotecnolóxico...

A start- up biotecnolóxica galega Origo Biopharma foi adquirida polo grupo biotecnolóxico belga Agomab Therapeutics

- Anuncio -

· A integración constitúe un caso de éxito que evidencia a crecente madurez do sector biotec galego, reforzando o conxunto do ecosistema emprendedor, así como as políticas de apoio públicas desenvolvidas desde a Xunta de Galicia

· A empresa galega Origo Biopharma, que xa desenvolveu un candidato clínico en fase I para tratar a enfermidade de Crohn e un candidato preclínico para o tratamento da fibrose pulmonar idiopática, acelerará os seus proxectos de investigación e desenvolvemento desde as súas actuais instalacións en Galicia

Origo Biopharma, con sede no Parque Empresarial de Touro (Galicia), é unha biotec fundada en 2017 por Julio Castro e GalChimia, dirixida por Ramon Bosser, CEO e accionista da compañía. A compañía conta co respaldo financeiro da Xunta de Galicia (a través de XesGalicia) e de Asabys Partners, quen liderou unha rolda semente na compañía en xuño de 2020 que permitiu á compañía incorporar talento, incrementar a súa carteira de produtos e avanzar nos seus desenvolvementos ata fases clínicas. En concreto, Origo Biopharma desenvolve moléculas pequenas órgano-restritivas que inhiben a vía de sinalización do factor de crecemento transformante beta ( TGF- β) para o tratamento de enfermidades fibróticas.

Agomab Therapeutics NV (‘ Agomab’) completou a adquisición de Origo Biopharma. A entidade combinada mobilizará a súa extensa experiencia na bioloxía de factores de crecemento para liderar o desenvolvemento de tratamentos novos que teñen como obxectivo resolver a fibrose, reparar a estrutura do tecido e restaurar a función dos órganos. Os anticorpos monoclonales agonistas dirixidos ao factor de crecemento de hepatocitos ( HGF) de Agomab, xunto cos programas de molécula pequena de Origo Biopharma, forman unha carteira clínica cunha ampla gama de candidatos que abordan a fibrose e a insuficiencia orgánica en múltiples áreas terapéuticas.

Esta operación supón un caso de éxito para o ecosistema biotec galego, o cal xa posicionou a Galicia como a segunda rexión máis bioemprendedora a nivel nacional, todo iso grazas á fonte de coñecemento e emprendemento que supoñen as universidades e os centros tecnolóxicos galegos, así como ao forte impulso logrado mediante a colaboración entre a Xunta de Galicia e o tecido empresarial.

Neste sentido, a operación de compravenda constitúe un fito que reforza a Estratexia de Consolidación do sector Biotecnolóxico de Galicia para o período 2021-2025, estratexia mediante a cal Galicia pretende situarse estratexicamente en posicións de liderado como unha das áreas con maior proxección económica, científico-tecnolóxica e social durante a próxima década. Ademais dos beneficios derivados da atracción de capital e talento internacional ao proxecto, as sinerxias entre Agomab e Origo Biopharma na investigación para o tratamento de enfermidades relacionadas coa fibrose permitirán acelerar os seus actuais proxectos de investigación e desenvolvemento, todo iso desde as instalacións de Origo Biopharma en Touro, impulsando así o posicionamento do sector a nivel nacional e internacional.

Relacionadas

Cultura avanza a súa actividade dos vindeiros meses no marco dos programas da Rede...

0
O monólogo de Carlos Blanco ou as actuacións de Caamaño&Ameixeiras e Grande Amore salientan entre as propostas culturais para este verán Tamén actuarán Terbutalina, Pepo...

Gonzalo Muíños solicita unha reunión co goberno local “con ánimo propositivo” ante o novo...

0
O portavoz socialista di “comprender” a situación pero pide transparencia, lembrándolle á Alcaldesa as súas reclamacións cando non tiña o bastón de mando: “pregúntome...

A creación do xardín veciñal da Ribeiriña proseguirá a mediados do mes de maio

0
A mala previsión meteorolóxica para esta fin de semana, 4 e 5 de maio, obriga a adia-la continuidade da creación do xardín veciñal na...

O Concello e a Xunta acordan un protocolo para impulsar o aparcadoiro e a...

0
Concello e Xunta acordaron hoxe impulsar un protocolo marco para o aparcadoiro e a ordenación urbana do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Esta tarde tivo...

Aberta a inscrición nos servizos de conciliación para o verán e tamén para o...

0
As persoas interesadas poden ampliar información e inscribirse acudindo ao CIM. O Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha ten como obxectivo responder ás necesidades das familias...

Miño prepárase para a VI edición da Carreira Popular 10K Praia de Miño

0
● Todo o diñeiro recadado coas inscricións á proba doarase á ONG AIRE. ● A primeira categoría en tomar a saída será a andaina de...

Publicacións Relacionadas