Home A Coruña A Xunta adxudica por máis de 87.000€ a humanización dun núcleo histórico-tradicional...

A Xunta adxudica por máis de 87.000€ a humanización dun núcleo histórico-tradicional en Coirós

- Anuncio -

Esta actuación urbanística enmárcase nos obxectivos do plan Hurbe e consistirá na creación dun novo parque público no núcleo rural de Coirós de Abaixo

A Xunta de Galicia acaba de formalizar o contrato correspondente ás obras de humanización de espazos públicos no núcleo rural histórico-tradicional e común de Coirós de Abaixo. A adxudicación realizouse por un importe de 87.792 euros á empresa Canarga S.L. e o prazo de execución estimado para completar os traballos é de dous meses.

O obxecto da actuación é crear un parque público con intervencións destinadas a habilitar accesos en rampla, mellorar e poñer a nivel os pavimentos, dotar a zona de axardinamento, e instalar mobiliario urbano e alumeado. A tal fin levarase a cabo unha limpeza de vías, cunetas e espazos públicos, mellorarase a evacuación de augas pluviais e eliminaranse as barreiras arquitectónicas.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asumirá o 70% do custo das obras e o Concello achegará o 30% restante, tal e como figura no convenio subscrito o pasado mes de setembro entre a conselleira Ángeles Vázquez e o alcalde Francisco Quintela para fixar os termos da súa colaboración técnica e económica nesta obra.

Cómpre lembrar que as obras de humanización a realizar en Coirós de Abaixo se enmarcan no chamado plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta hai máis dunha década co fin de axudar ás entidades locais a executar diferentes proxectos urbanísticos destinados á creación, mellora e humanización de infraestruturas de uso público e colectivo.

Neste sentido, cómpre subliñar o compromiso do Goberno galego á hora de brindar apoio aos concellos co fin de promover actuacións que, como a que se vai executar en Coirós, contribúan a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida dos seus veciños.

Por esta razón, a Consellería manterá esta liña de cooperación cos concellos tamén este ano, reservando nos seus orzamentos 7 millóns de euros para actuacións dirixidas a habilitar ou recuperar equipamentos municipais e poñer en valor as contornas urbanas.

Relacionadas

Cultura avanza a súa actividade dos vindeiros meses no marco dos programas da Rede...

0
O monólogo de Carlos Blanco ou as actuacións de Caamaño&Ameixeiras e Grande Amore salientan entre as propostas culturais para este verán Tamén actuarán Terbutalina, Pepo...

Gonzalo Muíños solicita unha reunión co goberno local “con ánimo propositivo” ante o novo...

0
O portavoz socialista di “comprender” a situación pero pide transparencia, lembrándolle á Alcaldesa as súas reclamacións cando non tiña o bastón de mando: “pregúntome...

A creación do xardín veciñal da Ribeiriña proseguirá a mediados do mes de maio

0
A mala previsión meteorolóxica para esta fin de semana, 4 e 5 de maio, obriga a adia-la continuidade da creación do xardín veciñal na...

Aberta a inscrición nos servizos de conciliación para o verán e tamén para o...

0
As persoas interesadas poden ampliar información e inscribirse acudindo ao CIM. O Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha ten como obxectivo responder ás necesidades das familias...

O Concello e a Xunta acordan un protocolo para impulsar o aparcadoiro e a...

0
Concello e Xunta acordaron hoxe impulsar un protocolo marco para o aparcadoiro e a ordenación urbana do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Esta tarde tivo...

A Xunta destaca o seu apoio aos concellos na recollida diferencia de residuos e...

0
— A planta de transferencia de Curtis pertence á rede pública de infraestruturas, conformada por 17 instalacións repartidas por Galicia, na que o Executivo...

Publicacións Relacionadas