Home Pontevedra O Salnés A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da mobilidade peonil...

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da mobilidade peonil na intersección das estradas PO-548 E PO-192, entre Carril e Bamio, en Vilagarcía de Arousa

- Anuncio -

― O contrato, adxudicado por un importe de case 17.000 euros, conta con 5 meses de prazo para redactar o proxecto


― O obxectivo é resolver a configuración desta intersección para favorecer a mobilidade peonil entre Bamio e Carril e a conexión co cemiterio municipal


― Trátase de deseñar un itinerario alternativo máis seguro e segregado do tráfico rodado


― Disporase un acceso ao cemiterio, que se sitúa á marxe contraria da beirarrúa, cun paso de peóns regulado cun semáforo e unha pasarela de baixada ao cemiterio

A Xunta vén de adxudicar a redacción do proxecto de mellora da mobilidade peonil na intersección das estradas PO-548 e PO-192, entre Bamio e Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa.

O contrato, adxudicado ao consultor SERYE INGENIEROS S.L por un importe de case 17.000 euros, conta con 5 meses de prazo para redactar o proxecto.

A intervención ten como obxectivo resolver a configuración da intersección entre as estradas autonómicas PO-548 e PO-192 para favorecer a mobilidade peonil entre Bamio e Carril e a conexión co cemiterio municipal situado na proximidade.

Na actualidade os veciños circulan pola beiravía da PO-548 e o entroncamento coa PO-192 ata chegar ás beirarrúas existentes en ambos os extremos, nun percorrido de aproximadamente 400 m.

O proxecto a redactar estudará o deseño dun itinerario alternativo máis seguro e segregado do tráfico rodado. A senda apoiaríase no dominio público das estradas e dunha pista municipal que transita ao longo da estación de servizo, cruza cun paso inferior a V.G.-4.7 e aproveita un tramo de estrada antiga ata conectar coas beirarrúas en Carril.

Ademais, dotarase a zona dun novo acceso peonil ao cemiterio, que se sitúa á marxe contraria da beirarrúa, mediante un paso de peóns regulado cun semáforo con pulsador e unha pasarela de baixada ao cemiterio dende a estrada.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas