Home Deputacións Deputación Pontevedra O Museo organiza un obradoiro para reinterpretar de maneira tipográfica textos e...

O Museo organiza un obradoiro para reinterpretar de maneira tipográfica textos e imaxes do “Diario de 1921” de Castelao

- Anuncio -

Está destinado a público adulto e desenvolverase o sábado 22 de 11.30 a 13.30

As prazas son limitadas e precísase inscrición previa

O Museo de Pontevedra vai celebrar o vindeiro sábado 22 un obradoiro titulado ‘Tipograficamente Castelao’ que servirá de complemento á exposición ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’ e que estará baseado no Diario que escribiu o artista durante o seu periplo formativo.


As persoas que participen no obradoiro poderán iniciarse, da man da especialista Cris Ultre, na técnica da impresión con tipos móbiles empregando materiais da época, como prensa tipográfica, letras de chumbo e madeira, e diferentes tintas facendo unha reinterpretación creativa dos textos e imaxes contidos do Diario.


Elaborararanse composicións, fanzines e impresións conxuntamente, xogando coa maquetación, cor, formato, imaxes, verbas e outros ingredientes varios a mesturar. Todo este material creativo poderá ser levado para a casa polas e polos asistentes, ademais de ser posible de xerar tamén material para ser exposto nalgún momento.


O obradoiro está destinado a público adulto e nenas e nenos de máis de 12 anos.

Desenvolverase o 22 de xaneiro de 11.30 a 13.30 e é precisa inscrición previa no correo educacion.museo@depo.gal, sendo cubertas as prazas por estrita orde de inscrición.
‘Tipograficamente Castelao’ é unha iniciativa que pretende completar as actividades da exposición ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’ comisariada por Ángeles Tilve que estará aberta ata o vindeiro 23 de xaneiro. A mostra pon en valor a figura do artista e conmemora o centenario da viaxe formativa que, pensionado pola Junta para la Ampliación de Estudios, fixo Castelao de xaneiro a outubro de 1921 por Francia, Bélxica e Alemaña.


A exposición estrutúrase en tres grandes bloques, un por cada unha das etapas do percorrido seguindo o desenvolvemento do Diario de viaxe do autor, un extraordinario caderno manuscrito ilustrado, cuxo orixinal se conserva no Museo. Nel Castelao anotou detalladamente as súas impresións, comentarios e reflexións persoais sobre a arte e os artistas que viu nos museos europeos, nas numerosas exposicións que visitou e nas actividades culturais de todo tipo ás que asistiu durante eses nove meses; tamén as súas vivencias e as súas cavilacións éticas, relixiosas e políticas.


Na mostra exhíbense máis de 250 pezas entre as que, ademais do orixinal do Diario e as reproducións ampliadas dos máis de un cento de debuxos, fotografías, tarxetas postais, recortes e impresos diversos que o artista intercalou no texto, se atopan tamén outros materiais complementarios. Están expostos documentos relacionados coa tramitación administrativa da súa pensión, correspondencia persoal neses meses, numerosos libros e catálogos que adquiriu nas diferentes cidades que visitou e unha selección de fotografías de algunhas obras de diversos autores.


Igualmente expóñense diversos debuxos, apuntamentos e estudos orixinais realizados por Castelao durante este período, algúns deles inéditos, e outras obras moi significativas da súa produción posterior que, conservadas no Museo de Pontevedra e noutras institucións e coleccións particulares, revelan o grande impacto desta transcendental viaxe que permitiu ao artista analizar de forma directa tanto a tradición artística como as vangardas europeas contemporáneas e que propiciaría cambios significativos na súa evolución artística e literaria, na conformación da estética nacionalista e na súa consolidación como guía e inspirador de iniciativas esenciais para o avance da arte e a cultura galegas.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas