Home Pontevedra A Xunta prevé solicitar este mes a licenza de primeira ocupación da...

A Xunta prevé solicitar este mes a licenza de primeira ocupación da Cidade da Xustiza

- Anuncio -

— O vicepresidente primeiro e o fiscal superior de Galicia presidiron hoxe a Comisión Mixta da Fiscalía, e posteriormente visitaron a Cidade da Xustiza, para coñecer de primeira man o avance das obras no edificio onde van a traballar os 27 fiscais e os 25 funcionarios da Fiscalía de Área de Vigo

— Os fiscais vigueses terán á súa disposición a planta 5ª do edificio que dispón dunha superficie de máis de 2.300 m2, onde estarán ubicados 41 despachos, salas de espera, salas de xuntas, salas de toma de declaracións, unha área de menores e a área do fiscal xefe

— A nova infraestrutura acollerá 38 unidades xudiciais e trátase da obra xudicial máis importante da historia da comunidade na que a Xunta investiu máis de 42M€

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe que a Xunta prevé solicitar a licenza de primeira ocupación da Cidade da Xustiza ao concello este mes. A obra supera o 98% de execución.

O vicepresidente primeiro e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, presidiron hoxe a Comisión Mixta de Coordinación con Fiscalía, que tivo lugar na delegación territorial da Xunta en Vigo, e posteriormente visitaron xunto aos membros da Comisión, do director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias a Cidade da Xustiza, para coñecer de primeira man o avance das obras no edificio onde van a traballar os 27 fiscais e os 25 funcionarios Fiscalía de Área de Vigo.

Os fiscais vigueses terán á súa disposición a planta 5ª do edificio que dispón dunha superficie de máis de 2.300 m2, onde estarán ubicados 41 despachos, salas de espera, salas de xuntas, salas de toma de declaracións, unha área de menores e a área do fiscal xefe.

Alfonso Rueda indicou que a nova infraestrutura acollerá 38 unidades xudiciais e que se trata da obra xudicial máis importante da historia da comunidade na que a Xunta investiu máis de 42M€ e coa que está a piques de culminar o Plan de Infraestruturas Xudiciais, dotado con máis de 125M€.

Alfonso Rueda lembrou que a rehabilitación do antigo Hospital Xeral para destinalo a ser a sede da nova Cidade da Xustiza iniciouse coa convocatoria dun concurso de ideas do que resultou gañador o arquitecto Alfonso Penela e agora “xa falta menos para que este representativo e emblemático edificio da cidade olívica volva a ter uso e arranque como a gran sede xudicial que Vigo e comarca precisa”.

Unha vez rematadas as obras, a Cidade da Xustiza unificará nun só edificio os órganos xudiciais da cidade, ao acoller nos seus 44.000 metros cadrados 38 unidades xudiciais xunto coa Fiscalía de Área, as 2 seccións da Audiencia Provincial e a subdirección do Instituto de Medicina Legal (Imelga), e a maiores existen espazos dispoñibles para futuros crecementos do partido xudicial de Vigo.

En total, trasladaranse máis de 500 traballadores da Administración de Xustiza, que terán á súa disposición unha escola infantil de 41 prazas para facilitar a súa conciliación laboral e familiar.

Relacionadas

A Xunta avoga por unir sinérxias público-privadas para referendar a posición de Galicia como...

0
José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo,...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración continúa co proceso de escoita activa e...

0
O CONSELLEIRO DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN CONTINÚA CO PROCESO DE ESCOITA ACTIVA E REÚNESE COS LÍDERES SINDICAIS DE CCOO E CIG EN GALICIA Nas...

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que...

0
― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€ ― Diego Calvo...

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o...

0
Recorda que se traballará para manter a boa convivencia, incrementar o grao de satisfacción e consolidar os datos da última Enquisa de Residentes que...

Publicacións Relacionadas