Home Valdeorras A Veiga A Xunta colabora no funcionamento e no reforzo do equipamento do GES...

A Xunta colabora no funcionamento e no reforzo do equipamento do GES de A Veiga

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou aos efectivos deste grupo creado o ano pasado na provincia de Ourense xunto co de Maceda


― O Goberno galego reafirma o seu compromiso no ámbito das emerxencias e leva investidos case 20 millóns de euros nos últimos anos en material cedido aos GES e aos servizos de Protección Civil da comunidade


― O Goberno galego asinou esta semana o convenio coa Deputación de Ourense e a FEGAMP para completar o mapa de emerxencias na provincia ourensá co incremento das plantillas e a mellora do funcionamento dos seus 12 GES

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de A Veiga, que a Xunta apoia asumindo máis da metade do seu funcionamento ademais do reforzo do seu equipamento con material coma o camión autobomba rural pesada (BRP) entregado o pasado xuño, no que investiu case 200.000 euros para mellorar a eficacia nas súas intervencións.
O GES da Veiga foi un dos 6 novos servizos creados o ano pasado no marco da Comisión de Seguimento dos GES -da que forman parte a Xunta, as deputacións provinciais e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)- co obxectivo de reducir os tempos de resposta en situacións de risco.
Ademais deste grupo -que da cobertura aos concellos de A Veiga, O Bolo, Viana do Bolo e Vilariño de Conso– tamén se creou na provincia ourensá outro GES con base no concello de Maceda para atender aos municipios de Maceda, Baños de Molgas, Esgos, Paderne de Allariz, Vilar de Barrio, Xunqueira de Espadanedo e Xunqueira de Ambía. A eles sumáronse en 2021 os GES de A Cañiza, A Lama e Mos/Redondela, na provincia de Pontevedra, xunto co servizo municipal do concello coruñés de Noia.
Este ano, debido á decisión das Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra de rexeitar as melloras propostas pola Xunta, nestas 3 provincias manteranse as condicións actuais e na de Ourense aplicaranse nos seus 12 GES as melloras plantexadas en canto á cobertura das emerxencias en Galicia.

De feito, esta mesma semana a Xunta asinou coa Deputación de Ourense e a Fegamp o convenio a través do cal a Xunta asumirá máis da metade do custo de funcionamento anual dos GES da provincia ourensá, con máis de 1,9 millóns de euros dos máis de 3,7 millóns que supón o orzamento do acordo cada un dos tres anos polos que se asina e incluíndo as melloras propostas pola Xunta.

Segundo o acordo, completaranse os GES da provincia ourensá para que conten con 12 efectivos, o que suporá a contratación de 16 novos integrantes para incrementar as plantillas dos grupos que no seu momento foron concibidos como SubGES con 6,9 ou 10 membros, isto é, Lobios, Muíños, Laza, Ribadavia e Avión. Ao abeiro deste acordo, tamén se incrementará o financiamento do servizo municipal da Mancomunidade Terra de Celanova ata os 320.000 euros fronte aos 155.000 euros actuais e actualizarase a financiación destinada aos custos salariais dos GES da provincia para adaptalos ao seu custo real na actualidade respecto ao primeiro convenio asinado en 2013.

Aínda que se trata dunha competencia dos concellos e as deputacións, a Xunta colabora no funcionamento dos GES desde a súa creación en 2013 con máis de 40 millóns de euros investidos. Ademais, entre os 8 millóns cedidos pola Xunta para reforzar o material de emerxencia destes grupos e os máis de 11 millóns destinados ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, o investimento do Goberno galego para mellorar o equipamento dos servizos de emerxencias achégase aos 20 millóns de euros.
Santiago Villanueva destacou a importancia da labor dos GES na prevención dos lumes e como complemento aos servizos de emerxencias na súa extinción e incidiu na necesidade da colaboración das administracións co obxectivo de dotar aos profesionais destes servizos do equipamento necesario para garantir a súa seguridade nas súas intervencións e, por ende, a dos seus veciños.
Ademais de apoiar aos servizos de emerxencia da comunidade, tanto na dotación de equipamento como no seu funcionamento, a Xunta contribúe á formación dos servizos de emerxencias desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

Relacionadas

A Xunta inicia en Valdeorras a Primavera de portas abertas nas rutas dos...

0
O director de Turismo Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe en Valdeorras na inauguración da Primavera de portas abertas que a Xunta leva a cabo...

O turismo galego medra un 12% nos tres primeiros meses do ano consolidando así...

0
O turismo galego continúa consolidando a súa desestacionalización, como demostran os resultados feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que indican que no...

Os centros de saúde e os hospitais da Área Sanitaria conciencian sobre a importancia...

0
Os centros asistenciais de Pontevedra e O Salnés realizaron hoxe diversas actividades divulgativas con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans, unha iniciativa...

A Xunta de Galicia concluirá este verán as obras de mellora da rede de...

0
 Ángeles Vázquez lembra que o obxectivo é solucionar a falta de presión nalgunhas zonas e de capacidade de almacenamento, de cara a facer...

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial...

Luis Menor, na Feira do Viño do Ribeiro, cualifica aos viños desta denominación de...

0
Na 61 edición desta cita, o presidente da Deputación afirmou que a feira permite “seguir conservando a tradición vitivinícola da comarca, defender a súa...

Publicacións Relacionadas