Home Xunta de Galicia A Xunta mellora aimaxe do Camiño Inglés ao seu paso por Oroso...

A Xunta mellora aimaxe do Camiño Inglés ao seu paso por Oroso coa instalación de novomobiliario urbán

- Anuncio -

― A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo alcalde e parte da corporación municipal, visitaron os traballos executados ao abeiro das axudas de 2021 para o embelecemento do Camiño.

― O Concello foi un dos beneficiarios desta liña de apoio dotada con 1,5M€ e que permitiu investir 21.000 euros neste municipio.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do alcalde de Oroso, Luis Rey e da corporación municipal, visitaron esta mañá as obras de embelecemento no Camiño Inglés que supuxeron un investimento de case 21.000 euros neste concello, dos que a Xunta asumiu 15.000 euros.

Os traballos consistiron na instalación de mobiliario urbán -marquesiñas e gardacontenedores- en catro lugares de dúas parroquias do municipio, no lugar da Baxoia, no Agrelo, na Fonte da Santiña, en Vilalbarro e no lugar de Oroso Pequeño, nas parroquias de Deixebre e Oroso co obxectivo de recuperar e mellorar o atractivo do Camiño nestes puntos.
Así, as actuacións permitiron avanzar no embelecemento da contorna deste itinerario, contribuindo a embelecer os trazados, mellorando as contornas ambientais, paisaxísticas e arquitectónicas e poñendo en valor o Camiño. Oroso foi un dos 31 concellos que se beneficiaron das axudas dotadas con 1,5 millóns de euros convocadas en 2021 para acometer actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago.

Relacionadas

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

Publicacións Relacionadas