Home A Coruña A Xunta e Ecoembes retan a 13 concellos a incrementar nun 105...

A Xunta e Ecoembes retan a 13 concellos a incrementar nun 105 a recollida do contedor amarelo

- Anuncio -

— O esforzo que realicen Ordes, Santa Comba, A Laracha, Sarria, Burela, Chantada, O Carballiño, Verín, Cangas, Moaña, Bueu, Gondomar e Tomiño será recompensando cun premio de 2.000 euros para doar á causa social que elixan

— Os veciños destes trece municipios reciclaron en 2020 máis 1.700 toneladas, polo que se acadan o obxectivo común aumentarán nun mínimo de 170 toneladas en total o volume de envases reciclados

A Xunta e Ecoembes propoñen a 13 concellos galegos incrementar nun 10% a recollida de residuos do contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks). Esta é a esencia da terceira edición da campaña de reciclaxe Únete ao reto.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o xerente da Zona Norte de Ecoembes, Fernando Blázquez, presentaron por videoconferencia esta campaña aos concellos participantes: Ordes, Santa Comba, A Laracha, Sarria, Burela, Chantada, O Carballiño, Verín, Cangas, Moaña, Bueu, Gondomar e Tomiño.

A conselleira indicoulles que “aínda que o esforzo se vexa como inalcanzable, é posible e materializable, tal e como se demostrou nas anteriores edicións”. Os 13 concellos xa foron capaces de reciclar no pasado ano máis de 1.700 toneladas de envases de plástico, latas e briks, polo que se acadan o obxectivo común aumentarán nun mínimo de 170 toneladas en total o volume de envases reciclados.

Nese sentido, invitou aos 178.000 veciños destes concellos a colaborar nesta campaña —que arrancará o vindeiro 1 de marzo e rematará o 31 de maio- e depositar nos contedores amarelos estes materiais que, tras o seu tratamento, se reciclan e se converten nunha nova materia prima.

Este esforzo verase recompensado cunha achega de 2.000 euros para doar á causa social que cada concello elixa, polo que reciclar —afirmou a conselleira— “ten premio”, tamén porque reducen a súa factura do lixo por bolsa negra, e sobre todo para o medio ambiente, xa que se evita o uso de recursos e extracción de novas materias primas e se aposta pola economía circular, un sistema máis sostible e respectuoso co planeta.

Destacou que para recordar a importancia de reciclar e axitar a conciencia social dos veciños destes 13 concellos participantes, a campaña prevé unha serie de accións coas que comprometer ás entidades locais e aos cidadáns na mellora das cifras de reciclado.

A modo de exemplo, citou a instalación dun contedor amarelo xigante —construído con madeira reciclada— que será o símbolo da iniciativa e a celebración de xornadas con animadores para informar á cidadanía, comercio e hostaleiros do reto e da importancia da reciclaxe.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

Publicacións Relacionadas