Home Ourense Coles O Concello de Ourense, o de Coles e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil,...

O Concello de Ourense, o de Coles e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, asinan un convenio de colaboración para mellora do saneamento e depuración das augas

- Anuncio -

O alcalde de Ourense destaca o beneficio medioambiental da obra e que “despois de facer o de Velle, e agora o de Coles, estamos renovando cousas que facía séculos que estaban así”

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, Manuel Rodríguez, alcalde de Coles e José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, rubricaron o Convenio de colaboración que posibilitará o financiamento, execución e entrega das obras de “Mellora do saneamento e bombeo de augas residuais en Sequeiros, TM Coles- Ourense”.

José A. Quiroga sinalou que este proxecto, que supón un investimento de máis de 1.335.000€, será sufragado de acordo ás porcentaxes, 70%, 16,64 %, 13,36 %, polo Estado a través da CHMS, Concello de Coles e Concello de Ourense, respectivamente.

O presidente da CHMS mostrou a súa satisfacción pola firma deste Convenio, a través do que se evitarán as verteduras recorrentes ao arroio Lusín.

O proxecto

Actualmente, gran parte da poboación do municipio de Coles verte as augas residuais a unha fosa séptica de formigón armado situada ao sur do núcleo de Soutullo de Abaixo, que se atopa en moi malas condicións e a vertedura realízase directamente ao arroio Lusín, sen unha depuración efectiva previa, a uns 2 quilómetros da súa desembocadura, na marxe dereita do río Miño.

O obxectivo da actuación é a execución dunha rede de colectores que recollan as augas residuais que chegan á fosa existente xunto ao arroio Lusín ao sur de Soutullo de Abaixo para, unidas ás procedentes do núcleo de Sequeiros, ser conducidas ata a rede de saneamento de Ourense.

Esta actuación require, ademais, a realización de obras na rede de Ourense que permitan ampliar a capacidade das conducións actualmente existentes e que posibiliten a conexión destas novas verteduras á EDAR.

“Con este Convenio ponse de manifesto, unha vez máis, que a colaboración entre Administracións é fundamental para conseguir un uso sostible dos recursos; concretamente neste proxecto aproveitarase o sistema de saneamento, construído recentemente no Concello de Ourense e dotado de tecnoloxía punteira, para poñer fin aos problemas recorrentes de verteduras que ten un municipio de Coles, limítrofe coa capital ourensá”, concluíu Quiroga.

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación colabora con Adegal para dar formación e asesoramento a agricultores e gandeiros...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial un encontro cos representantes da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da...

Publicacións Relacionadas