Home Ourense Allariz-Maceda A Xunta colabora co concello de Xunqueira de Espadañedo na creación dun...

A Xunta colabora co concello de Xunqueira de Espadañedo na creación dun parque infantil

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

― O Goberno galego financia a través desta orde a creación ou mellora das infraestruturas vinculadas á prestación de servizos municipais, así como a dotación de equipamento

― O Concello de Xunqueira de Espadañedo recibiu nos últimos anos máis de 411.000 euros das diferentes liñas de axudas da Vicepresidencia Primeira

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o novo parque infantil feito no concello de Xunqueira de Espadañedo grazas a unha axuda da Orde de Infraestruturas de uso público que ascendeu a preto de 34.000 euros.

Natalia Prieto indicou que o concello solicitou a creación na creación deste parque infantil debido ao déficit deste tipo de infraestruturas no medio rural, dando solución a unha necesidade moi demandada pola poboación moza. O parque está dotado do equipamento necesario de xogos infantís,coa instalación de diversos xogos adaptados á pendente do entorno e a colocación un pavimento elástico de caucho reciclado para garantir o seu uso nunhas condicións de seguridade axeitadas. Ademais, mediante esta actuación, ponse en valor un espazo arborado existente, de singular valor natural e paisaxístico, que presenta unhas características idóneas para este novo equipamento.

A Xunta financiou estes traballos no marco da Orde de infraestruturas de uso público, coa que apoia as iniciativas dos concellos galegos para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. O Concello de Xunqueira de Espadañedo recibiu nos últimos anos máis de 411.000 euros das diferentes liñas de axudas da Vicepresidencia Primeira.

A directora xeral de Administración Local destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza, xa que grazas a estas axudas, os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns e que non se poderían levar a cabo en moitas ocasións se non fose pola colaboración entre Xunta e concellos.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación

0
O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graosA precipitación media acumulada foi un...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1M€...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá, este ano, case 1M€ en obras para dotar a varios núcleos do Concello de Lousame dun sistema...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao...

0
A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao tráfico desde mañá, martes, 7 de maio, até o venres,...

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e...

0
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide....

Publicacións Relacionadas