Home A Coruña A Xunta destaca o seu compromiso para dotar do equipamento necesario ás...

A Xunta destaca o seu compromiso para dotar do equipamento necesario ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, destacou hoxe na visita á AVPC de Vilasantar o investimento de 15M€ nas agrupacións da comunidade para sufragar os seus gastos de funcionamento e na dotación de material de emerxencias


― Santiago Villanueva puxo en valor o labor altruísta que levan a cabo os voluntarios para velar pola seguridade da cidadanía

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Vilasantar, á que a Xunta apoiou nos últimos anos nos seus gastos de funcionamento e na dotación de material de emerxencias con máis de 35.400 euros.

Santiago Villanueva incidiu que co seu labor altruísta e desinteresado velan cada día pola seguridade dos seus veciños. Por iso, sinalou o compromiso da Xunta para dotar do material necesario a estas agrupacións para que poidan realizar o seu traballo con seguridade e mellorando a eficiencia do servizo.
Por unha parte, coas axudas anuais coas que o Goberno galego financiar os gastos das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) dos concellos de menos de 50.000 habitantes, ás que este ano se destinou 340.000 euros para as 234 agrupacións da comunidade, co obxectivo de atender as necesidades de equipamento e uniformes; equipos de prevención e protección, sempre que se trate de material funxible; custos de actuación ou formación dos seus membros; pago de seguros; así como os gastos derivados do mantemento, transporte, ou conservación e alugamento da base e medios de intervención xunto co equipamento de material informático e de comunicacións.
Ademais, a AVPC de Vilasantar recibiu o ano pasado un vehículo especialmente preparado para labores de protección civil que empregan, entre outras actuacións, en labores sociais de atención e traslado de persoas maiores de zonas rurais con elevada dispersión da poboación.
Co obxectivo tamén de reforzar o equipamento das agrupacións, o Goberno galego destinou o ano pasado 1 millón de euros á orde de axudas, a través da que se dotaron a distintas AVPC de 19 vehículos todocamiño tipo pick-up, 6 remolques para a atención das emerxencias, 26 tendas de campaña, 8 coitelas para a retirada de neve e oito esparexedores de sal.
En total, nos últimos anos a Xunta leva destinados 15 millóns de euros en apoio ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, máis de 4 millóns para sufragar os seus gastos de funcionamento e máis de 11 millóns de euros no reforzo do seu equipamento.
Tamén lembrou que a este investimento hai que sumar os 48 millóns destinados aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) dos que a Xunta asume máis da metade do seu custe de funcionamento, o que supón 40 millóns de euros nos últimos anos, aos que se suman outros 8 millóns en material de emerxencias.
A Xunta aposta ademais pola formación no ámbito das emerxencias, que se leva a cabo desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), co obxectivo de achegar tanto aos voluntarios como aos efectivos dos GES os contidos necesarios para actualizar o seu aprendizaxe en materias que teñan aplicación no seu traballo diario.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas