Home Lugo A Xunta incorpora ao Catálogo de Árbores Senlleiras un castiñeiro situado no...

A Xunta incorpora ao Catálogo de Árbores Senlleiras un castiñeiro situado no Camiño Francés, en Triacastela

- Anuncio -

— Belén do Campo salienta o tamaño e a morfoloxía do exemplar, cun perímetro de 9 metros, 22 metros de altura e cheo de ocos e pólas grosas, entre as características que o converten nun dos máis fermosos da súa especie en toda Galicia

— Con esta nova ampliación, o Catálogo pasa a contar cun total de 182 elementos, dos cales 144 son árbores e 38 conxuntos e formacións pertencentes a 79 especies

A Xunta de Galicia acaba de incorporar ao Catálogo galego de árbores senlleiras un novo exemplar de castiñeiro situado ao pé do Camiño Francés, ao seu paso polo concello de Triacastela.

Durante unha visita ao lugar no que está localizada a árbore, na aldea de Ramil, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e a rexedora municipal, Olga Iglesias, anunciaron que hoxe mesmo se publica no DOG a resolución na que se fai pública a inclusión deste exemplar no rexistro, unha vez superados todos os trámites e en recoñecemento ás súas excepcionais características e historia.

Trátase da Castiñeira de Ramil, denominación tradicional coa que se coñece a esta árbore na zona en referencia ao seu porte e tamaño xa que, segundo explicou a alcaldesa, é común feminizar o nome dos exemplares máis grandes.

Belén do Campo, pola súa parte, salientou que se trata dun dos castiñeiros “máis fermosos de Galicia”, unha especie cunha forte presenza na Comunidade e que os estudos científicos confirman que se trata dunha variedade autóctona presente no territorio antes das últimas glaciacións. De feito, indicou que coa incorporación deste novo exemplar son xa 20 os castiñeiros que forman parte do Catálogo, a segunda especie máis representada no mesmo tan só por detrás dos carballos, que suman 27.

Con máis de oito séculos de vida, a Castiñeira de Ramil existía cando Aymeric Picaud, autor do Códice Calixtino, realizou o Camiño de Santiago, unha antigüidade que se ve reflectida nos seus 9 metros de perímetro, 22 de altura e nunha estrutura chea de ocos imposibles e grosas pólas, que parecen abrazar a árbore.

Esta impresionante morfoloxía, engadiu a directora xeral, semella unha “radiografía do paso do tempo”, á vez que lembrou que desde a súa privilexiada localización en Ramil, o castiñeiro dálle a benvida aos camiñantes que chegan a diario a Triacastela na súa peregrinación cara a Santiago de Compostela.

Por outra banda, Belén do Campo aproveitou a súa visita á Castiñeira de Ramil para facer un último chamamento á cidadanía para que contribúa co seu apoio a lograr que outro exemplar galego de gran beleza e con moita historia, o Carballo do Bosque do Banquete de Conxo, se leve este ano o título de Árbore Europea de 2022. Así, lembrou que hoxe é o último día para poder participar na votación polo que animou a todo o mundo a axudar co seu voto a que unha árbore galega se leve este prestixioso galardón.

Neste sentido, volveu invitar ao Concello de Santiago, como titular do carballo de Conxo, a solicitar a súa inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras, incidindo en que, sen dúbida, sería un “bo candidato” a formar parte deste inventario.

Unha ferramenta en constante actualización
O Catálogo galego de árbores senlleiras é unha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.

De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, foi obxecto xa de diversas revisións e periodicamente sométense a información pública novas propostas para valorar a posible incorporación de exemplares con valores salientables, como é o caso da Castiñeira de Ramil.

Na actualidade, forman parte do Catálogo un total de 182 elementos —144 exemplares e 38 formacións arbóreas— pertencentes a 79 especies diferentes e coa seguinte distribución por provincias:

Relacionadas

A Xunta destina máis de 257.000€ á renovación da instalación da Protección de Incendios...

0
A plataforma Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra, coa previsión de que poida empezar en setembro cun prazo de execución...

Fillas de Cassandra actuará na VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz

0
• O coñecido dúo galego, formado polas viguesas María Pérez e Sara Faro, estará o 2 de xuño no Campo da Feira. • Nos próximos...

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Publicacións Relacionadas