HomeDezaAgoladaRueda reivindica en Agolada outra forma de facer política, menos populista, con...

Rueda reivindica en Agolada outra forma de facer política, menos populista, con máis sentidiño e pegada á realidade da cidadanía

- Anuncio -spot_img

• Reuniuse coa xunta local do PP, para facer unha análise da situación do partido e falar da súa organización de cara ás municipais do ano próximo.

• Remarca a importancia de seguir traballando para visibilizar todas as iniciativas que os populares están facendo na súa nova labor de oposición municipal neste concello.

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, mantivo onte pola noite unha reunión de traballo coa xunta local do partido en Agolada, dentro da rolda de encontros que está mantendo por toda a provincia coa mirada posta nas eleccións municipais do ano próximo. Rueda destacou que “é importante facer unha análise da situación do partido e falar da súa organización, para chegar coa maquinaria en plena forma á cita electoral”. Por iso, explicou que tras o congreso nacional de abril, o PP provincial retomará o calendario de congresos locais, entre os que se inclúe Agolada.

Nesta liña, Rueda remarca a importancia de seguir traballando para visibilizar todas as iniciativas que os populares están facendo na súa labor de oposición municipal neste concello, e reivindicou que “en Agolada é posible outra forma de facer política, menos populista, con máis sentidiño e pegada ás necesidades reais da cidadanía”. Para o popular é fundamental “estar constantemente na rúa, escoitando aos veciños e interesarse polas cuestión que lle preocupan. A clave está en escoitar para acertar”.

Por último, lamentou “o importante retroceso que deu Agolada en só tres anos, cun Goberno afastado da realidade, máis preocupado polo titular que pola xestión, e no peor momento posible, cunha crise sanitaria, económica e social que precisa de Gobernos cunha xestión que estean á altura”.

Na reunión, Alfonso Rueda estivo acompañado polo secretario do PP de Pontevedra, Luis López; e o vicesecretario provincial, José Crespo.

Publicacións Relacionadas