Home O Ribeiro Leiro A Xunta colabora co concello de Leiro en actuacións destinadas a garantir...

A Xunta colabora co concello de Leiro en actuacións destinadas a garantir a protección do Medio Ambiente

- Anuncio -

― O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, coñeceu hoxe varios dos proxectos levados a cabo no concello ao abeiro das axudas da Vicepresidencia Primeira

― O concello de Leiro recibiu arredor de 1,1M€ en proxectos cos que mellorar os servizos públicos prestados aos cidadáns, as súas infraestruturas, os seus servizos e a súa contorna

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou hoxe o concello de Leiro co que a Xunta colaborou en actuacións destinadas a garantir a protección do ambiente, como foron o pozo de barrena e o alxibe para a auga de rego do campo de fútbol e a renovación da iluminación con luces LED, que suman unha axuda de máis de 62.000 euros.
Alfonso Rueda acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, comprobaron da man do alcalde de Leiro, Francisco Fernández, as melloras levadas a cabo no concello por 32.000€ para construír un pozo de barrena e un alxibe que dote da auga necesaria para o rego do campo de fútbol municipal e das áreas recreativas no Salgueiral e Mesón, así como a renovación da iluminación na zona dos Carrís substituíndo os faroles por luces LED ao abeiro da convocatoria do Fondo de Compensación Ambiental de 2021, que contou cunha axuda de 30.000€.
O titular da Vicepresidencia primeira indicou que estes proxectos demostran o compromiso co desenvolvemento sostible e a protección do medio ambiente. “Obxectivos cos que tamén a Xunta está comprometida, polo que vimos apoiando cos concellos galegos a través das convocatorias anuais do Fondo de Compensación Ambiental e outras liñas de colaboración”, indicou Alfonso Rueda.
O Goberno galego inviste este ano 11,3M€ no Fondo de Compensación Ambiental para axudar aos concellos en iniciativas como as 248 beneficiarias o ano pasado no marco desta orde, e que nos últimos anos permitiu cofinanciar máis de 2.300 proxectos por máis de 108M€.
O concello de Leiro recibiu arredor de 1,1M€ para proxectos cos que mellorar os servizos públicos prestados aos cidadáns, as súas infraestruturas e a súa contorna. Ademais, este concello é un exemplo de cooperación entre as propias entidades locais para evitar duplicidades, ser máis eficientes e aforrar custos, xa que forma parte da Mancomunidade turística dos concellos de Leiro, O Carballiño, Ribadavia e Boborás, que recibe axudas para os seus gastos de funcionamento e comparte tamén servizos medioambientais da Mancomunidade IV Ribeiro, da que forman parte con Arnoia, Cenlle e Beade.

Relacionadas

A Xunta destaca o éxito da V edición do Bono Activa Comercio con preto...

0
José González visita esta tarde dous comercios da rúa Xoán XXIII de Ourense que participan nesta campaña e ofrecen os descontos financiados polo Goberno...

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

A Xunta reúnese coa AECT Río Minho para abordar os proxectos en marcha en...

0
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse cos responsables desta entidade de cooperación, no marco da rolda de contactos...

A Xunta destina máis de 257.000€ á renovación da instalación da Protección de Incendios...

0
A plataforma Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra, coa previsión de que poida empezar en setembro cun prazo de execución...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Publicacións Relacionadas