Home Lugo A Mariña Occidental A Xunta garante o apoio á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil...

A Xunta garante o apoio á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo para a súa atención á cidadanía

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou esta mañá aos efectivos da agrupación para coñecer o seu funcionamento e as súas demandas

― O Goberno galego destinou a esta AVPC máis de 76.000€ co obxectivo de axudarlles a sufragar os seus gastos de funcionamento e a adquisición de material

― O investimento da Xunta destinado ao reforzo do equipamento dos servizos de Protección Civil e dos GES ascende a máis de 21M€

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou esta mañá a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo para coñecer o seu funcionamento e necesidade. Durante a súa visita garantiu o apoio da Xunta para axudarlles no seu labor altruísta velando pola seguridade da cidadanía, tanto mediante a colaboración para sufragar os seus gastos de funcionamento como na adquisición de equipamento.
Santiago Villanueva agradeceu o traballo desinteresado que levan a cabo as 234 agrupacións da comunidade a prol da seguridade da veciñanza. No caso da AVPC do Vicedo, lembrou o apoio mantido nos últimos anos con máis de 76.000 euros, máis de 17.600 euros destinados aos seus custos anuais de mantemento e outros máis 58.500 euros na adquisición de material de emerxencias como un traxe de velutina, varios terminais Tetra con GPS, un desfibrilador, un vehículo pick-up e un remolque e unha tenda de emerxencias.
Estas achegas enmárcanse nos máis de 15 millóns investidos en apoio ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. Por unha banda, a Xunta destinou máis de 4 millóns de euros para os seus gastos de funcionamento, que na convocatoria deste ano conta cun investimento de 340.000 euros. Ademais, con máis de 11 millóns de euros, o Goberno galego colabora no reforzo do equipamento das agrupacións.
Pese a tratarse dunha competencia local -dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos de menor poboación- a Xunta tamén asume máis da metade do custo anual dos Grupos Supramunicipais de Emerxencias (GES) e leva investidos 9,3 millóns de euros en material de emerxencias cedido.
En total, o investimento do Goberno galego para que os efectivos dos servizos de emerxencias -Protección Civil e GES- conten co equipamento necesario co que poidan realizar as súas intervencións con seguridade e eficacia ascende a 21,3 millóns de euros.

Relacionadas

A Xunta felicita ao Instituto IES Plurilingüe Xosé Neiras Vilas de Oleiros por unha década...

0
— A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita o centro, o único de Galicia que desenvolve este programa — Destaca os...

A Xunta publica a convocatoria de axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior

0
― O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a medida, que conta cunha dotación de 550.000 euros para que as ONGD galegas poidan canalizar...

Belén do Campo destaca o investimento de 319.500€ na mellora de infraestructuras rurais de...

0
 A delegada da Xunta avaliou cos alcalde esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

A Xunta reafirma o impulso da economía social como motor socioeconómico, destacando as 230...

0
José González pon en valor a aposta estratéxica do Goberno galego por fortalecer e impulsar a economía social como un motor de crecemento sustentable,...

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

Publicacións Relacionadas