Home A Coruña Política Social destina preto de 85.000 euros para financiar oito novas prazas...

Política Social destina preto de 85.000 euros para financiar oito novas prazas nos Centros de Día e Ocupacional da Asociación Íntegro

- Anuncio -

— En total a Xunta de Galicia achega 250.000 euros para financiar 22 prazas en ambos centros

— O Goberno galego tamén outorgou unha axuda a Íntegro de 77.000 euros a través da liña do 0,7% do IRPF para a ampliación do centro

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, puxo en valor hoxe nunha visita á Asociación Íntegro que a Consellería de Política Social financia oito novas prazas nos centros da entidade, catro delas no centro de día e outras catro no centro ocupacional.

Ademais, Fernando González Abeijón explicou que a Xunta de Galicia achega en total preto de 250.000 euros para financiar 22 prazas en ambos servizos, emprazados no concello coruñés de Cabanas de Bergantiños. O director xeral sinalou que con estes fondos o Goberno galego axuda a mellorar a calidade de vida de 22 persoas con discapacidade e as súas familias.

A maiores, a Asociación Íntegro recibiu unha axuda de 77.000 euros a través da liña do 0,7% do IRPF para realizar unha ampliación do edificio no que se encontran o centro de día e o ocupacional.

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade destacou que a Xunta de Galicia destinará neste 2022 máis fondos que nunca á atención á discapacidade, 142 millóns de euros para acadar unha Galicia de oportunidades para todos.

Relacionadas

Laxe contará un ano máis cunha Bandeira Azul na súa praia urbana

0
• A Adeac anunciou hoxe os areais que contan con este distintivo, entre os que se encontra a Praia de Laxe • Desde o Concello...

247 persoas presentaron solicitudes para un total de 734 nichos e 37 columbarios no...

0
Os veciños e veciñas que tiñan realizado a petición con anterioridade, e que reiteraron o seu interese, terán preferencia na adxudicaciónO Concello de Carballo...

O GES de Brión inicia unha poda de seguridade na Carballeira de Santa Minia

0
Guiados por técnicos especializados, os traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal comezaron esta mañá a podar as copas e ramas máis altas para evitar...

Publicado o novo regulamento do Consello Municipal de Mocidade “para recuperar un órgano inactivo...

0
A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude vén de publicar o novo regulamento de funcionamento interno do Consello Municipal de...

O Museo Valle-Inclán pobrense rememora as estadías do literato en Navarra un século despois

0
O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, o Foro Galicia e Valle-Inclán e o Centro Internacional de Prensa de Galicia promoven unha serie de...

Máis de trescentas cincuenta persoas participaron no XXXI Encontro de Maiores do Concello de...

0
370 veciños e veciñas tomaron parte na edición número trinta e un do Encontro de Maiores de Boqueixón, celebrada este sábado 4 de maio...

Publicacións Relacionadas