Home Ourense A Limia O PP de Calvos de Randín reclama ao Concello o arranxo da...

O PP de Calvos de Randín reclama ao Concello o arranxo da estrada que conecta con Muíños e Portugal

- Anuncio -

· O representante popular afirma que con esta demanda faise eco das protestas que lle fai chegar a veciñanza de Calvos, Muíños “e mesmo das zonas limítrofes de Portugal, que utilizan asiduamente esta estrada”

· Explica que as fochancas e ata as pequenas gabias que atravesan a calzada “fan que esta estrada estea case impracticable, sobre todo nun tramo de preto de 700 metros”

· Anunciou que tras a xestións realizadas ante a Deputación, a institución provincial mellorará a sinalización horizontal na estrada que une Calvos, Os Blancos e Xinzo de Limia

O Partido Popular de Calvos de Randín reclama ao goberno local socialista o arranxo da estrada que conecta a capitalidade do Concello co veciño municipio de Muíños e coa fronteira con Portugal, debido ao lamentable estado de abandono que presenta esta vía de titularidade municipal, denuncia o portavoz popular José Antonio Valencia.

O representante do PP afirma que con esta demanda faise eco das protestas que lle fai chegar a veciñanza de Calvos, Muíños “e mesmo das zonas limítrofes de Portugal, que utilizan asiduamente esta estrada e teñen que padecer importantes deficiencias no firme pola súa total falta de mantemento”.

As fochancas e ata as pequenas gabias que atravesan a calzada “fan que esta estrada estea case impracticable, sobre todo nun tramo de preto de 700 metros”, explicou. O abandono da vía, incidiu, “obsérvase perfectamente no límite con Muíños, pois mentres neste municipio o firme está en perfectas condicións, nada máis deixar atrás este concello e entrar en Calvos de Randín aparecen as deficiencias”.

José Antonio Valencia reclámalle ao goberno local que procure unha pronta solución a esta estrada, “pero ademais a outras vías municipais que tamén presentan problemas e que, de seguir no actual estado de desatención, seguro que sufrirán o mesmo deterioro”.

MELLORA DA SINALIZACIÓN HORIZONTAL ENTRE CALVOS DE RANDÍN, OS BLANCOS E XINZO DE LIMIA.

Tamén no ámbito das infraestruturas, José Antonio Valencia avanzou o resultado das xestións que realizou ante a Deputación de Ourense para a mellora da seguridade viaria na estrada provincial que une Calvos de Randín cos Blancos e Xinzo de Limia. Unha vía “na que se precisa unha actuación sobre a sinalización horizontal para que estea en óptimas condicións”, sinalou.

Anunciou neste sentido que a área de Infraestruturas da institución provincial procederá neste exercicio e no próximo ano ao repintado da sinalización na calzada naqueles puntos onde necesita que se reforce a súa función para a seguridade do tráfico.

Relacionadas

A Cabalgata de Reis de Ourense sairá mañá ás 18.00 h desde o Pavillón...

0
O Concello activa este plan alternativo á vista das previsións de intensas chuvias para mañá á tarde A finalidade do cambio é acadar as mellores...

A execución de obras requirirá pechar ao tráfico a Avenida das Caldas desde o...

0
As obras que executa a Xunta de Galicia na Avenida das Caldas ocasionarán restricións de tráfico desde o vindeiro martes, día 7, até o...

A execución de obras requirirá pechar ao tráfico a Avenida das Caldas desde o...

0
As obras que executa a Xunta de Galicia na Avenida das Caldas ocasionarán restricións de tráfico desde o vindeiro martes, día 7, até o...

O Concello ofrecerá en directo a xeolocalización da Cabalgata de Reis a través da...

0
O Concello de Ourense ofrecerá en directo a través da súa páxina web e da aplicación móbil a xeolocalización da Cabalgata de Reis que...

A Deputación executou durante 2024 máis de 40 proxectos de conservación, mantemento e reforma...

0
A Área de Infraestruturas atendeu máis dun millar de expedientes de autorización de particulares e concellos para levar a cabo obras nas zonas de...

Óscar Puente incumpriu o compromiso contraído, xustamente hai un ano, de licitar as obras...

0
· “Estamos ante un desprezo enorme aos cidadáns valdeorreses e bercianos que desde logo non se merecen este incalificable comportamento”, sinala o deputado Celso...

Publicacións Relacionadas