Home Pontevedra Caldas Moraña ensina aos máis pequenos a importancia da reciclaxe

Moraña ensina aos máis pequenos a importancia da reciclaxe

- Anuncio -

O alcalde, José Cela, acompañado da concelleira María José García Sueiro, acudiu ao CPI
Santa Lucía para coñecer de primeira man as ensinanzas que lles trasladaron ao alumnado
de Primaria sobre a importancia da reciclaxe e o coidado do medio ambiente.
O Concello organizou esta actividade para promocionar o servizo do punto limpo móbil que
ten habilitado Moraña e que permite facer unha recollida selectiva de residuos que precisan
dun tratamento especial.

Para promover estes bos hábitos co planeta entre os máis pequenos, o punto limpo quedará
instalado no centro educativo durante esta semana. “Precisamente”, explicou o alcalde,
“mañá é o Día da Reciclaxe e por iso queríamos reforzar a súa celebración con esta
campaña de concienciación entre os nenos e nenas, que son o futuro tamén do coidado do
noso planeta”

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas