Home O Ribeiro Beade A Xunta anima ás pemes de Beade a iniciar o camiño da...

A Xunta anima ás pemes de Beade a iniciar o camiño da innovación para gañar en competitividade

- Anuncio -

— A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Beade no último encontro -na provincia de Ourense- da iniciativa Camiño de futuro


— En total a iniciativa conta con 14 etapas por toda a xeografía galega para difundir os instrumentos de apoio ás empresas


— Na xornada achegouse información sobre os diferentes programas de axudas da Xunta de Galicia que as empresas teñen ao seu dispor e presentáronse os casos de éxito das compañías Viña Costeira e Renga Energía

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá en Beade no último encontro que se celebrará na provincia de Ourense da iniciativa Camiño de futuro, posta en marcha pola Xunta para difundir entre as pequenas e medianas empresas de contornas non urbanas os instrumentos de apoio dirixidos a mellorar a súa competitividade e crecemento.

Patricia Argerey destacou que o obxectivo destes encontros, que se inscriben no Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, é animar ás pequenas e medianas empresas a iniciar o camiño da innovación, para ser máis competitivas e medrar, así como para facer fronte aos retos globais actuais que dificilmente se poden abordar sen innovación.
A directora explicou que as pemes son o motor da economía galega e que, por iso, acompañalas nesta senda é unha prioridade para a Xunta de Galicia.

Ademais destes encontros, que percorrerán catorce puntos da xeografía galega ao longo dos meses de marzo e abril, o Programa de Impulso á Innovación nas Pemes inclúe outras actuacións, como liñas de axuda pensadas para empresas tradicionais e sectores maduros que queren empezar a innovar; difusión da cultura da innovación para incrementar o número de pemes innovadoras; desenvolvemento de contidos formativos e ferramentas para que as pemes poidan avaliar a súa capacidade para innovar; difusión de casos de éxito de empresas innovadoras da contorna e asesoramento personalizado.

No encontro celebrado en Beade persoal de Gain e do Igape, dependentes da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, así como dos grupos de desenvolvemento rural (GDR) Ardecou e Carballiño-Ribeiro, explicaron as diferentes convocatorias de axuda activadas pola Xunta.

Ademais, presentáronse casos de éxito empresarial con pemes innovadoras da contorna procedentes de distintos sectores, que falaron da súa experiencia como beneficiarios de distintos instrumentos de apoio da Administración para que a empresa mellore a súa competitividade a todos os niveis. En concreto, estiveron representantes da empresa vitivinícola Viña Costeira e de Renga Energía, compañía especializada na prestación de servizos de consultoría enerxética, asesoramento e información.

Camiño de futuro dá continuidade á iniciativa Camiño da innovación, unha das primeiras actuacións do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes que ao longo dos meses de novembro e decembro pasados percorreu a través dun espazo itinerante un total de 18 localidades das catro provincias galegas, realizando máis de 240 asesoramentos a pemes galegas e asistindo máis de 550 persoas aos encontros.

Máis información e inscrición neste enlace.

Relacionadas

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que...

0
― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€ ― Diego Calvo...

Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o...

0
Recorda que se traballará para manter a boa convivencia, incrementar o grao de satisfacción e consolidar os datos da última Enquisa de Residentes que...

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Publicacións Relacionadas