Home Lugo A Mariña Central A Xunta apoia a dotación de equipamento da Agrupación de Voluntarios de...

A Xunta apoia a dotación de equipamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Burela

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva visitou esta mañá aos efectivos da agrupación, aos que entregou unha tenda de campaña de emerxencias

― O Goberno galego destinou a esta AVPC máis de 127.000 nos últimos anos co obxectivo de axudarlles a sufragar os seus gastos de funcionamento e a adquisición de material

― Na última orde de axudas para equipamento de Protección Civil, a Xunta investiu 1M€ en dotar do equipamento necesario aos voluntarios da comunidade

― O apoio da Xunta ás AVPC da comunidade acada os 18M€, entre os 14M€ destinados a equipamento e máis de 4M€ para colaborar nos seus gastos de funcionamento

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou esta mañá aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do concello de Burela, aos que entregou unha tenda de campaña de emerxencias para que poidan levar a cabo levar a cabo as súas intervencións con maior eficiencia. Trátase dunha tenda habilitada para despregar en caso dunha incidencia e ademais de fácil transporte, montaxe e desmontaxe.

Esta cesión enmárcase na na última convocatoria da orde de axudas da Xunta para reforzar o equipamento de 67 AVPC da comunidade, dotada con 1 millón de euros. Ao abeiro destas axudas inclúense 26 tendas de campaña, 19 vehículos todoterreo tipo pick up, 6 remolques de emerxencias, 8 esparexedores de sal e 8 coitelas para a retirada de neve.

Santiago Villanueva agradeceu o traballo desinteresado que levan a cabo as 234 agrupacións da comunidade a prol da seguridade da veciñanza. No caso da AVPC de Burela, lembrou o apoio mantido nos últimos anos con máis de 127.000 euros, dos que máis de 24.600 euros se destinaron aos seus custos anuais de mantemento e outros preto de 103.000 euros á adquisición de material de emerxencias como un vehículo pick-up, un remolque de salvamento, e un desfribilador, entre outros.

O director xeral de Emerxencias e Interior tamén destacou o seu labor como reforzo aos servizos de emerxencias tanto nas tarefas de prevención como en apoio ás intervencións, sendo en moitos casos os primeiros en chegar ao lugar onde se producen as incidencias.
A Xunta mantén o seu compromiso con este colectivo cun investimento de máis de 18 millóns de euros nos últimos anos, entre os 14 millóns de euros destinados ao reforzo do seu equipamento e máis de 4 millóns para colaborar nos seus gastos de funcionamento cunha orde de axudas anual de 340.000 euros da que xa se publicou a convocatoria deste ano.

En total, a Xunta leva investidos nos últimos anos máis de 21 millóns de euros en material cedido aos servizos de emerxencias dos concellos, entre os 14 millóns destinados ás AVPC e outros 7 millóns para os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).

Relacionadas

A Xunta pon de relevo o labor do Instituto Galego do Consumo e da...

0
— José González destaca que o Laboratorio galego é o único oficial público na materia acreditado pola ENAC, líder estatal no control e comunicación...

A Xunta lamenta que o Goberno non atendese as súas alegacións ao novo regulamento...

0
― José González remarcou a falta de sensibilidade do Executivo ante a postura defendida por Galicia en coordinación co terceiro sector, desbotando a figura...

A Xunta desenvolve un proxecto piloto para instalar puntos de carga sostibles en centros...

0
— Ángeles Vázquez subliña que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destinará 170.000 euros para financiar actividades e formación de persoal e...

A Xunta destaca a importancia de que as entidades asentadas no territorio e coñecedoras...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a súa contribución é vital para optimizar a xestión e a protección daqueles elementos de valor máis sensibles en...

Xosé Merelles gaba o papel diversificador do Camiño de Inverno que medrou o 42%...

0
— O director de Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Municipios para a promoción e mellora da experiencia dos...

A Xunta prevé executar en 2025 labores de conservación e limpeza en arredor de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que o organismo hidráulico destinará 2,7 M€ o vindeiro ano á realización deste tipo de traballos, que inclúen a retirada...

Publicacións Relacionadas