Home A Coruña Manuel Taboada, alcalde de O Pino, non quere a sede do GDR

Manuel Taboada, alcalde de O Pino, non quere a sede do GDR

- Anuncio -

O rexedor popular alega falta de espazos, e o PSdeG afirma que a decisión obedece a un capricho persoal

O Alcalde de O Pino, Manuel Taboada, non quere a sede do GDR Ulla Tambre Mandeo. A súa intención, que se traslade a outro concello, e que abandone as actuais instalacións situadas no antigo Centro Médico de Arca.

Estas oficinas que levan máis dunha década asentadas no Pino están destinadas a prestar servizos e asesorar aos distintos axentes públicos e privados que así o solicitan. Un dos seus principais obxectivos é a captación de axudas financiadas con fondos europeos. Fondos destinados ao desenvolvemento rural en base ás liñas e estratexias do programa Leader. Unha xestión que, nos últimos dez anos, conseguiu prestar apoio económico a numerosas iniciativas públicas e privadas repartidas polos nove concellos que forman o GDR, incluído o Concello de O Pino.

Manuel Taboada, actual rexedor do Pino e presidente do GDR, pretende agora trasladar estas oficinas, alegando que carece de espazos dispoñibles para estas oficinas, e así o confirmou nunha das últimas sesión plenarias. Afirmación que o PSdeG local cualifica como falsa, indican que sobran espazos municipais para manter a sede do GDR no termo municipal, “a intención do alcalde obedece unicamente a un capricho persoal que debe explicar” afirman os Socialistas.

Informan que hai espazos municipais sen ningún uso no Pedrouzo-Arca para manter a sede do GDR, “entre outros moitos temos: o antigo PAI, a antiga Cámara Agraria, ou incluso a planta superior da Casa do Concello, toda unha planta que leva anos pechada a cal e canto” segundo explican.

O Grupo Municipal Socialista non acepta como válidas as escusas do Alcalde e no Pleno deste mércores, 30 de marzo, a concelleira do grupo socialista Inka Lareo defenderá unha moción solicitando que a Sede do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo se manteña no Concello do Pino.

Así mesmo, tamén informan que Taboada é o único membro/asociado do GDR que quere mudar a sede do Grupo de Desenvolvemento.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas