Home Pontevedra Campo Lameiro Campo Lameiro ubica diante do consistorio o Punto Limpo Itinerante que percorrerá...

Campo Lameiro ubica diante do consistorio o Punto Limpo Itinerante que percorrerá nos vindeiros días todas e cada unha das parroquias do municipio

- Anuncio -

O Concello pretende concienciar á veciñanza da importancia de constribuír á separación e reciclaxe de residuos para beneficiar ao medio ambiente

O Concello de Campo Lameiro mantén ubicado diante do Consistorio o novo punto limpo móbil que prestará servizo en todas e cada unhas das parroquias a través dun camión de recollida de enseres que conta coa colaboración económica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da Unión Europea.

Este novo servizo do punto limpo móbil do Concello de Campo Lameiro permite achegar a todas e cada unha das parroquias un modelo de reciclaxe para diferentes residuos que se pon ao carón da veciñanza para xerar maior impacto e facilitar a correcta xestión dos residuos domésticos.

O funcionamento do servizo está baseado nun camión e unha plataforma que se deixa no lugar desexado, a cal está dividida nas diferentes fraccións nas que se pode separar con eficiencia para reciclar, como por exemplo os pequenos electrodomésticos, pilas, papel, vidro, entre outros residuos.

Con esta iniciativa, da que participan tamén os concellos de Portas e Moraña, prétendese sensibilizar á veciñanza na necesidade de reciclar para protexer o medio ambiente e loitar contra o cambio climático.

Segundo o alcalde, Carlos Costa Domínguez, preténdese animar a todos os veciños e veciñas das nosas parroquias a separar correctamente os residuos e usar este novo servizo para facilitar esta acción de futuro e baseada nunha maior concienciación cívica sobre a importancia de reciclar e de defender o medio ambiente.

Despois da súa estancia diante do Consistorio, na parroquia de San Miguel do Campo, o punto limpo itinerante desprazarase nunha primera etapa a Fragas, Couso, Muimenta, Morillas e San Isidro. Durante as visitas entregaranse folletos e carteis explicativos.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas