Home Deputacións Deputación Pontevedra Presentación Trail Orixes de Mondariz

Presentación Trail Orixes de Mondariz

- Anuncio -

O Pazo Provincial da Deputación acolleu a presentación do IV Trail Orixes de Mondariz, unha proba deportiva que o 21 de maio trasladará ás e aos participantes aos “orixes da vida” ao transcorrer por paraxes únicas nas que poderán desfrutar dun percorrido que pasará por muíños, mámoas ou petróglifos. O deputado de deportes, Gorka Gómez, non quixo deixar pasar a ocasión para falar dunha proba que fomenta o turismo deportivo que na Deputación “queremos que sexa un fío fundamental para o futuro, xa que establece unhas sinerxías co territorio e a economía”. Nesta liña, Gorka Gómez subliñou que “apostar por empregar os recursos públicos en deporte e atracción turística e fomentar o territorio a través da práctica deportiva é a nosa obriga”. Tamén falou da importancia que teñen os clubs, patrocinadores privados e voluntariado “que son realmente quen merecen os agradecementos” así como do feito de que a proba se desenvolva en catro distancias diferentes sendo así accesible para un maior número de persoas. Ao acto tamén acudiu o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, para quen o Trail Orixes é “un escaparate moi importante que dá a coñecer o territorio de Mondariz, que ten uns recursos naturais e paisaxísticos que queremos que nos convertan na referencia do turismo do interior nas Rías Baixas”.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas