Home A Coruña A Xunta estudará colaborar co concello de Vilasantar para humanizara a contorna...

A Xunta estudará colaborar co concello de Vilasantar para humanizara a contorna do Albergue de Peregrinos

- Anuncio -

O rexedor trasládalle a Ángeles Vázquez a súa intención de solicitar as axudas do IGVS para rehabilitar unha antiga escola municipal e destinala a vivendas de alugueiro social

A Xunta de Galicia estudará a posibilidade de colaborar co Concello de Vilasantar para levar a cabo a humanización da contorna do albergue de peregrinos da Laxe co obxectivo de habilitar no mesmo un novo espazo de ocio e lecer á disposición tanto dos usuarios da instalación como da veciñanza.

Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao rexedor coruñés, Fernando Pérez, no marco da reunión que mantiveron esta semana para falar de diversos asuntos de interese municipal.

En concreto, o alcalde explicoulle que o Goberno local acaba de rematar os traballos de rehabilitación da Casa Reitoral da Laxe, reconvertida nun albergue de peregrinos con 30 prazas e que estará operativo a partir desta Semana Santa.

O proxecto municipal pasa por humanizar a contorna do edificio, localizado á beira do río Cabalar e onde se pretende crear unha nova zona de esparexemento tanto para os peregrinos coma para os veciños de Vilasantar a través da rehabilitación paisaxística integral dun espazo de 2.000 metros cadrados. Con esta actuación, segundo explicou o alcalde, mellorarase o valor ambiental e a accesibilidade a esta contorna fluvial de gran valor ambiental e turístico, incorporando nova vexetación autóctona, unha pasarela de madeira, mobiliario urbano, luminarias e unha pequena praia fluvial.

Pola súa banda, a conselleira trasladoulle que a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo analizará o contido da memoria remitida polo Concello co fin de valorar a súa posible implicación técnica e económica no proxecto.

Neste sentido, lembrou que desde hai 12 anos a Xunta mantén aberta a través do plan Hurbe unha liña de apoio económico ás entidades locais en iniciativas que, como esta, contribúen á mellora dos equipamentos municipais e dos servizos á disposición da veciñanza, así como á humanización e posta en valor de contornas urbanas.

Así mesmo, o rexedor trasladoulle tamén que o Concello de Vilasantar quere rehabilitar unha antiga escola municipal co fin de destinala a vivendas de alugueiro social para os seus veciños, unha iniciativa para a que solicitará a colaboración do IGVS a través da liña de axudas habilitada a tal fin. De feito, a conselleira lembroulle que a convocatoria se publicou o pasado mes de febreiro e permanecerá aberta ata o 1 de xuño.

Por último, Fernando Pérez aproveitou a reunión para presentarlle á conselleira unha iniciativa municipal orientada á xestión dos biorresiduos, obrigatoria para este concello a partir do 31 de decembro de 2023. En concreto, referiuse á implantación da chamada agrocompostaxe a través da cal se tratan os residuos orgánicos municipais xunto con agrarios, un proxecto para o que solicitou tamén apoio xurídico á Consellería.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas