Home Vigo Gondomar O BNG pide a gratuidade das peaxes na AG-57 para mitigar a...

O BNG pide a gratuidade das peaxes na AG-57 para mitigar a suba dos prezos

- Anuncio -

A fronte nacionalista rexistra unha proposición non de lei no Parlamento galego para demandar á Xunta esta medida temporal na autovía que conecta Vigo co Val de Miñor, mais salienta a necesidade de estudar o rescate da concesión para equiparala a outra vías autonómicas libres de peaxes.

O Bloque Nacionalista Galego pide a gratuidade das peaxes na autovía AG-57, que conecta Vigo cos tres concellos do Val de Miñor, como medida para mitigar os graves efectos sociais derivados da suba disparada dos prezos. A fronte nacionalista vén de rexistrar unha proposición non de lei no Parlamento galego para reclamar á Xunta que actúe de forma temporal, mais salienta a necesidade de estudar o rescate da concesión para rematar co “agravio e forte discriminación” con respecto a outras vías autonómicas libres de peaxes.

“As peaxes na AG-57 provocan efectos negativos na mobilidade para persoas e empresas que teñen que facer desprazamentos cara á área de Vigo por motivos laborais, de estudos ou de acceso a centros de saúde e hospitais. Tamén resulta unha pesada carga e un lastre para a competitividade das empresas, encarecendo o custo do transporte”, denunciou o deputado do BNG no Parlamento de Galiza, Luis Bará.

Unha discriminación que, a xuízo das nacionalistas, se viu agravada no actual contexto de carestía da vida. “As elevadas peaxes, sumadas ao incremento dos combustíbeis, constitúen unha pesada carga que é necesario aliviar”, asegurou Bará. Unha vez que se estabilicen os prezos, o Bloque chama a tomar medidas que avancen cara a gratuidade da autovía. Como paso intermedio, piden descontos de cando menos o 50% para todos os vehículos, porén fixan como obxectivo o rescate concesión que remate co “agravio comparativo” con outras comarcas galegas.

A fronte nacionalista apunta ademais os efectos negativos a nivel ambiental e social derivados do incremento do tráfico nas estradas convencionais, que atravesan en moitos puntos zonas con alta densidade de poboación.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas