La molinera acolleu esta presentación que foi elaborada por técnicos do Instituto Xeográfico Nacional e que servirá para que conste no Rexistro Central de Cartografía
La molinera acolleru esta mañá a presentación dos traballos técnicos realizados polo Instituto Xeográfico Nacional para a revisión da liña do límite xurisdicional entre o Concello de Ourense e os Concellos do Pereiro de Aguiar, Coles, Amoeiro e Punxín.
Trátase duns traballos encargados polo Concello de Ourense, para revisar a liña do límite municipal, recollida nas actas e cadernos de campo do Instituto Xeográfico Nacional (IGN) elaborados ambos documentos nos anos 1920.
O obxectivo é inscribir esta liña no Rexistro Central de Cartografía para obter o seu refrendo xurídico.