Home A Coruña A Xunta colabora co concello de Boimorto na mellora da instalación deportiva...

A Xunta colabora co concello de Boimorto na mellora da instalación deportiva da Gándara

- Anuncio -

— A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta actuación levada a cabo ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público


— O Goberno galego inviste este ano 3,5M€ nunha nova convocatoria desta liña de axudas destinada a construír ou acondicionar infraestruturas para a prestación de servizos municipais como é o caso de instalacións deportivas


— No marco destas axudas, a Xunta apoiou o ano pasado 125 iniciativas das entidades locais galegas

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta mañá o concello de Boimorto, co que a Xunta colaborou cunha axuda de máis 33.800 euros para acondicionar e dotar da seguridade necesaria á instalación deportiva da Gándara permitindo a práctica deportiva por parte da veciñanza.

Trátase da única instalación deportiva ao aire libre de fútbol sala e baloncesto no casco urbano do municipio. Por iso, a Xunta colaborou nos traballos de substitución do pavimento existente por céspede artificial, así como no pintado de canastras e porterías e na instalación dunha canaleta para a recollida e condución de augas.

O Goberno galego apoiou esta actuación a través da Orde de infraestruturas de uso público, que o ano pasado permitiu desenvolver 125 proxectos coma este das entidades locais galegas. Este ano, a Xunta publicou unha nova convocatoria desta liña de axudas, dotada cun orzamento de 3,5 millóns de euros, co obxectivo de construír ou mellorar as infraestruturas destinadas á prestación de servizos municipais. Isto é, dependencias municipais ou instalacións deportivas como as da Gándara, ademais da renovación do alumeado público, a pavimentación de camiños ou a creación de parques infantís.

A directora xeral de Administración Local destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e as entidades locais para levar a cabo iniciativas como esta que contribúen á mellora das dotacións existentes de infraestruturas para a poboación, o que redunda no benestar e a calidade de vida da cidadanía.

A Xunta leva investidos no concello de Boimorto máis de 561.300 euros. Ademais de actuacións nas infraestruturas municipais como as visitadas hoxe e a renovación de vías e no alumeado, tamén colaborou noutras melloras ambientais no marco do Fondo de Compensación Ambiental. Con este fondo co que se pretende favorecer o desenvolvemento sostible das entidades locais, Boimorto beneficiouse de achegas para a adquisición de equipamento destinado á protección do espazo natural -tractor, desbrozadora, motoserra de poda, colectores para a recollida do lixo, cargadora retroexcavadora ou vehículo 4×4 con cesta elevadora compartido con Vilasantar-, xunto con outras actuacións no sistema de abastecemento de varios núcleos.

Relacionadas

A Xunta destaca a colaboración co Colexio de Psicólogos no eido das emerxecias que...

0
O director xeral e Emerxencias e Interior participou na inauguración do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía...

Fene contratará 2 peóns/oas forestais con cargo ao programa APROL Rural 2024

0
As persoas traballadoras que se contraten deberán estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego na modalidade de peón/oa forestal O Concello de Fene vén...

O pavillón das Lagoas acollerá mañá a “II Xornada da Liga Galega de Halterofilia”

0
O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe xunto con Susana Basoa, presidenta do club Gaman, e David Losada, presidente da Federación Galega de...

A III Feira dá Cultura EnCaMiño celebrarase os días 19, 20 e 21 de...

0
● Xa se presentou un anticipo do cartel, con 14 autores e autoras que confirmaron a súa presenza neste evento, que se consolida tras...

O Concello de San Sadurniño e a Casa do Mel organizan un curso de...

0
A área de Desenvolvemento local de San Sadurniño e a Asociación Casa do Mel -quen xestiona o colmear didáctico da Cortiña- ofrecen unha nova...

O proxecto cultural ‘Galicia Latente’ presentarase en Camariñas o próximo martes

0
· O IES Pedra da Aguia acollerá, ás 16:30 horas, a proxección dun documental sobre a Galicia do presente e un coloquio posterior para...

Publicacións Relacionadas