O espectáculo teatral de Fariña, unha gala a favor de Ucraína e Pantomima Full, vindeiras actividades que estarán no mes de abril
O Auditorio Municipal dependente da área de Artes e Festexos do Concello, oferta esta fin de semana o espectáculo familiar de tributo ao Rey León “De Simba a Kiara”, da compañía On Beat que rende homenaxe á famosa película. Será o domingo ás 18.00 horas, e as entradas pódense adquirir en ataquilla.com desde 12 euros.
Ademais, na segunda quincena do mes de abril, este espazo municipal acollera os espectáculos de Fariña, que terá dous pases, os días 22 e 23 de abril, unha gala de solidariedade con Ucraína organizada pola Cruz Vermella, o 29 de abril, e a actuación de Pantomima Full.