Home A Coruña Trenor anima aos veciños de Santa Comba a participar no reto de...

Trenor anima aos veciños de Santa Comba a participar no reto de incrementar un 10% a recollida de envases de plástico, latas e briks

- Anuncio -

— Na campaña “Unéte ao reto” participan 13 concellos galegos e durará ata o 31 de maio, cun premio para todos os que acaden o obxectivo de 2.000 euros para doar á causa social que eli-xan

— Os veciños destes concellos reciclaron en 2020 máis de 1.700 toneladas deste tipo de residuos, polo que o obxectivo é aumentar como mínimo en 170 toneladas esta cifra

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presentou esta mañá, acompañado pola alcaldesa de Santa Comba, María Pose, a campaña “Únete ao reto” na que participan 13 concellos galegos co reto de incrementar nun 10% a recollida de residuos do contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks).

Esta é a esencia da terceira edición da campaña de reciclaxe “Únete ao reto” na que están a colaborar os concellos de Ordes, Santa Comba, A Laracha, Sarria, Burela, Chantada, O Carballiño, Verín, Cangas, Moaña, Bueu, Gondomar e Tomiño.

Trenor destacou que “aínda que o esforzo é moi ambicioso, é posible e materializable, tal e como se demostrou nas anteriores edicións”. Os 13 concellos xa foron capaces de reciclar no pasado ano máis de 1.700 toneladas de envases de plástico, latas e briks, polo que se conseguen o obxectivo común aumentarán nun mínimo de 170 toneladas en total o volume de envases reciclados.

Nese sentido, animou aos 178.000 veciños destes concellos a seguir participando nesta campaña —que arrincou o 1 de marzo e finalizará o 31 de maio— depositando nos contedores amarelos estes materiais que, tras o seu tratamento, recíclanse e convértense nunha nova materia prima.

Este esforzo verase recompensado cunha achega de 2.000 euros para doar á causa social que cada concello elixa, polo que reciclar —afirmou o delegado— “ten premio”, tamén porque reducen a súa factura do lixo por bolsa negra, e sobre todo para o medio ambiente, xa que se evita o uso de recursos e extracción de novas materias primas e se aposta pola economía circular, un sistema máis sustentable e respectuoso co planeta.

Destacou que para lembrar a importancia de reciclar e axitar a conciencia social dos veciños destes 13 concellos participantes, a campaña prevé unha serie de accións coas que comprometer ás entidades locais e aos cidadáns na mellora das cifras de reciclaxe.

Unha desas iniciativas foi a colocación dun contedor amarelo xigante —construído con madeira reciclada— que é o símbolo da iniciativa. Ademais, estanse a celebrar varias xornadas con animadores para informar á cidadanía, comercio e hostaleiros do reto e da importancia da reciclaxe.

Relacionadas

O colexio Apóstolo Santiago achégase a Terra de vida

0
O centro de ensino compostelán participou o martes nos obradoiros ambientais promovidos polo Concello de San Sadurniño e Rexenerando Rapazada do colexio Apóstolo Santiago visitou...

Camión envorcado na N-VI ao seu paso polo concello de Coirós

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 13:00 horas deste mediodía dunha incidencia que involucrou a un camión...

Xosé Merelles anima a explorar “os retos e oportunidades” do Camiño no horizonte do...

0
O director de Turismo de Galicia participa en Mondoñedo na inauguración do encontro ‘Os Camiños de Santiago en Galicia, o seu coñecemento e divulgación’ O...

Constituido o Posto de Mando Avanzado que coordinará o dispositivo de seguridade de case...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe o Posto de Mando Avanzado habilitado no Monte do Gozo para garantir a...

A Xunta duplicará a rede de aforos de Galicia-Costa ata chegar a 95 estacións...

0
Ángeles Vázquez subliña a importancia de dispoñer dun sistema automático de medición en tempo real xa que ofrece información clave para o seguimento de...

A Xunta aposta por dixitalizar a xestión da auga para facela máis eficiente e...

0
Galicia participa en Avilés nunha xornada sobre o PERTE para a dixitalización do ciclo da auga, unha ferramenta da que a comunidade galega recibe...

Publicacións Relacionadas