Home O Salnés Meaño Lete Lasa supervisa os dous vídeo marcadores instalados nos pavillóns de Dena...

Lete Lasa supervisa os dous vídeo marcadores instalados nos pavillóns de Dena (Meaño) e Baltar (Sanxenxo) cun investimento de 54.000 euros

- Anuncio -

_O secretario xeral destaca a campaña do Asmubal en Meaño, que xogará a fase de ascenso á Prata Feminina, e as 1.319 licenzas deportivas coas que conta o Concello de Sanxenxo

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou os pavillóns municipais de Dena (Meaño) e de Baltar (Sanxenxo) nos que se instalaron senllos vídeo marcadores deportivos grazas aos convenios de colaboración asinados cos respectivos concellos. En total, o investimento total acadou os 54.000 euros (53.899,45 euros). Lete Lasa destacou a necesidade destas actuacións que “melloran a oferta prestada por unhas instalacións que realizan un gran servizo para todos os cidadáns e cidadás de todas as idades do Salnés”.

En primeiro lugar, o secretario xeral para o Deporte visitou o pavillón municipal de Dena, acompañado polo alcalde de Meaño, Carlos Vieitez, no que xoga os seus partidos a Sociedade Deportiva e Cultural Asmubal de balonmán, que conta cun total de 167 licenzas deportivas. O mandatario galego destacou a importancia do novo equipamento do pavillón e asegurou que, de seguro, traerá moita sorte para a fase de ascenso que o equipo xogará para regresar á División de Honra Prata Feminina. O vídeo marcador instalado en Meaño contou cun investimento de 29.905,15 euros, sendo o 67% consignado pola Xunta de Galicia (20.000 euros) e o restante 33% (9.905,15 euros) polo concello.

Na súa visita a Sanxenxo, acompañado polo concelleiro de Servizos Sociais, Deportes e Xuventude, Daniel Arosa, Lete Lasa puido comprobar de primeira man a devandita oferta que realiza a entidade municipal que leva a cabo no pavillón de Baltar un programa de actividade física para maiores. O mandatario galego destacou a importancia do envellecemento activo e sinalou que o vídeo marcador instalado “mellorará as posibilidades de xogo para todos os usuarios e espectadores do pavillón de Baltar”. Neste sentido, destacou o gran traballo na área deportiva do concello pontevedrés que conta con 1.319 licenzas federativas. O vídeo marcador contou cun orzamento total de 23.994,30 euros, sendo o 83% financiado pola Xunta de Galicia (19.995,25 euros) e o restante 17% (3.999,05 euros) polo concello.

Os vídeo marcadores deportivo LED teñen un tamaño duns 10 m2, con tecnoloxía de última xeración para uso en interiores, cunha resolución pixel pitch 4,8 mm e de tecnoloxía led SMD. Contan cun ordenador de control con software específico para procesador led e software específico para uso de marcador; superficie gráfica da pantalla led deportiva de 10 m2; consola deportiva para manexo de marcador; estrutura para fixación da pantalla; bocina; xogo de dous marcadores de posesión, homologados por FIBA e consola de posesión.

Neste exercicio 2022, a Secretaría Xeral para o Deporte conta cun orzamento inicial de 32.489.463 euros que sobe lixeiramente sobre o inicial de 2021 (32.474.216 euros). Deste total, a contía destinada para obras de construción e reforma de infraestrutura deportiva acada os 11,3 millóns de euros, un 24% máis que o destinado en 2021 (9,15 millóns) e que xa ascendera un 118% con respecto a 2020.

Relacionadas

Rueda reúnese co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires co animo...

0
— Destaca que “as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais” para seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

Román Rodríguez, gaba o esforzo do profesorado que este curso participa en máis de...

0
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP inaugura os primeiros obradoiros de Mellora da Competencia Comunicativa na aula O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades...

Publicacións Relacionadas