Home Lugo A Mariña Occidental A Xunta avanza nas obras de construcción da planta de biorresiduos de...

A Xunta avanza nas obras de construcción da planta de biorresiduos de Cervo, que dará servizo a 15 concellos desde finais deste ano

- Anuncio -

— A instalación, cun investimento de 6,4 M€, ocupará uns 8.000 m2 e poderá tratar 3.000 toneladas de materia orgánica e producir case 1.500 toneladas de compost

— Integrarase na rede de infraestruturas deseñada pola Xunta para garantir que a meirande parte dos concellos adheridos a Sogama teñan acceso á valorización da materia orgánica e poidan cumprir coas obrigas legais establecidas pola UE

O presidente executivo de Sogama, Javier Domínguez, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, visitaron esta mañá o polígono industrial de Cuíña para comprobar sobre o terreo o avance das obras da nova planta de biorresiduos proxectada no municipio, unha infraestrutura que se prevé que entre en funcionamento a finais deste mesmo ano para dar servizo a 15 concellos.

As instalacións —cuxa construción foi adxudicada por preto de 6,4 millóns de euros á UTE Espina Obras Hidráulicas, S.A- Geoxa, Xeneral de Construcións, S.L— ocupará unha parcela de case 8.000 m2 e dará servizo a 14 concellos da Mariña lucense —Alfoz, Barreiros, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, Ribadeo, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo—, ademais do coruñés de Mañón, aglutinando unha poboación de máis de 69.300 habitantes.

Esta instalación formará parte da rede de infraestruturas deseñada pola Xunta a fin de que a meirande parte dos concellos adheridos a Sogama teñan acceso á valorización da materia orgánica e dispoñan dunha planta de biorresiduos ou de transferencia a menos de 50 km de distancia.

A planta de Cervo acollerá todo o proceso de compostaxe —pretratamento, fermentación, maduración e almacenamento—, disporá de capacidade para tratar 3.000 toneladas de materia orgánica anuais, ás que habería que sumar 1.600 toneladas de material estruturante —é dicir, podas e restos de madeira—, e producirá ao redor de 1.500 toneladas de compost que se destinará ao sector da agricultura e da gandería como fertilizante natural.

Así mesmo, estará alimentada por enerxías renovables e equipada tamén con novidosos e innovadores sistemas de depuración de augas e de aire, así como de control do nivel de ruído, garantindo con isto unha operativa respectuosa coa contorna.

O presidente de Sogama subliñou que a planta de Cervo prestará un importante servizo á Mariña lucense e axudará ás entidades locais a dar debido cumprimento ás súas obrigas legais no ámbito da valorización da materia orgánica, toda vez que “o conxunto dos concellos galegos dispoñen de prazo ata o 31 de decembro de 2023 para instaurar a recollida diferenciada da materia orgánica a través do contedor marrón”.

Así mesmo, lembrou que os concellos aos que prestará servizo a futura instalación tamén están adscritos ao programa de compostaxe doméstica de Sogama, tendo recibido desta empresa pública, e de forma gratuíta, máis de 1.400 composteiros.

17 instalacións en rede
Aínda que a xestión dos residuos é unha competencia municipal, a Xunta seguirá apoiando aos concellos para que cumpran coas obrigas legais establecidas na materia. A tal fin deseñou unha rede de infraestruturas conformada por 17 instalacións: 4 plantas de biorresiduos, unha en cada provincia —Cerceda, xa en funcionamento, Vilanova de Arousa, Verín e Cervo—, apoiadas por 13 plantas de transferencia que contarán cunha tolva específica para o transvasamento da fracción orgánica.

A previsión é que as plantas integradas nesta rede —nas que se investirán ao redor de 40 millóns euros, dos cales 30 millóns proceden dos Fondos Feder como parte da resposta da Unión Europea á crise da covid—, entren en funcionamento a finais de 2022.

Relacionadas

Ángeles Vázquez avoga por promover a participación xuvenil na gobernanza das reservas de biosfera

0
Fai fincapé na necesidade de implicar á xuventude no desenvolvemento de iniciativas e actuacións que contribúan a garantir a conservación da biodiversidade A conselleira de...

A Xunta leva investidos nos últimos anos cas 190M€ no funcionamento, o equipamento e...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Publicacións Relacionadas