Home Lugo Guntín A Xunta apoia a proposta dos concellos de Portomarín, Guntín, O Páramo...

A Xunta apoia a proposta dos concellos de Portomarín, Guntín, O Páramo e Paradela para crear unha Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Supramunicipal

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantiveron unha reunión con representantes dos concellos para avanzar nun servizo mancomunado que cubra este territorio, atendido na actualidade pola AVPC de Portomarín


― O Goberno galego destaca a importancia da prestación conxunta dos servizos de emerxencias entre as entidades locais para acadar unha maior eficacia na atención ás incidencias


― Santiago Villanueva puxo en valor o traballo da AVPC de Portomarín por velar pola seguridade dos cidadáns deste concello e dos municipios limítrofes, así como dos peregrinos que percorren o Camiño Francés


― A Xunta leva investidos 18M€ nas agrupacións da comunidade en apoio aos seus gastos de funcionamento e na dotación de material de emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantiveron hoxe unha reunión para avanzar na proposta dos concellos de Portomarín, Guntín, O Páramo e Paradela de converter a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Portomarín nunha agrupación supramunicipal que integre ás catro entidades locais e dea cobertura a este territorio a través dun servizo mancomunado.

Santiago Villanueva destacou que iniciativas deste tipo relacionadas coa prestación conxunta dun servizo tan esencial para a cidadanía como as emerxencias permite levar a cabo as intervencións de protección civil con maior eficacia e eficiencia, ao mesmo tempo que se contribúe ao aforro e á racionalización do uso dos recursos municipais.

A AVPC de Portomarín, creada en 2012, atende as emerxencias deste concello e dos limítrofes con actividades de prevención e intervencións co obxectivo de garantir a seguridade da cidadanía. Ademais, presta asistencia aos milleiros de peregrinos que realizan o Camiño Francés. O director xeral de Emerxencias e Interior destacou que esta atención ten máis relevancia se cabe neste Xacobeo 21-22 no que se están a acadar cifras históricas no Camiño de Santiago, tamén nesta ruta xacobea que concentra máis da metade dos camiñantes.

A Xunta mantén o compromiso coas AVPC da comunidade para dotalas do equipamento necesario e apoia o seu mantemento, de maneira que poidan realizar o seu traballo con seguridade e prestar un servizo eficiente.
Por unha parte, coas axudas anuais coas que o Goberno galego financia os gastos das agrupacións dos concellos de menos de 50.000 habitantes, ás que este ano destinou 340.000 euros.
Por outra banda, mediante reforzo do equipamento das agrupacións, cun orzamento de 1 millón de euros na convocatoria de axudas do ano pasado, a través da que se dotaron a distintas AVPC de 19 vehículos todocamiño tipo pick-up, 6 remolques para a atención das emerxencias, 26 tendas de campaña, 8 coitelas para a retirada de neve e oito esparexedores de sal.
En total, nos últimos anos a Xunta leva destinados 18 millóns de euros en apoio ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, máis de 4 millóns para sufragar os seus gastos de funcionamento e máis de 14 millóns de euros no reforzo do seu equipamento.
A Xunta aposta ademais pola formación neste ámbito desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) con distintos módulos dirixidos a mellorar a preparación dos efectivos dos servizos de emerxencias e poder contar así con profesionais ben formados e preparados que realicen o seu traballo diario con eficacia.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Rueda destaca a ampliación de espazos e recursos das unidades de reprodución asistida do...

0
— Lembra que a Xunta permitirá que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos na sanidade pública sen necesidade de ter unha patoloxía previa —...

Marta Mariño Regueiro toma posesión como directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

0
Trátase dunha nova Dirección Xeral que responde á decisión estratéxica de impulsar o emprendemento e a economía social como vías para a xeración de...

Publicacións Relacionadas