Home Ourense Allariz-Maceda A Xunta colabora na mellora da accesibilidade da Casa do Concello de...

A Xunta colabora na mellora da accesibilidade da Casa do Concello de Paderne de Allariz

- Anuncio -

— A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou as dependencias municipais tras a instalación dun ascensor para comunicar as tres plantas do edificio

— O Goberno galego destinou máis de 28.300 euros a esta actuación financiada ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público a través da que a Xunta colabora coas entidades locais na creación ou mellora de instalacións destinadas á prestación de servizos municipais

— O ano pasado leváronse a cabo 125 proxectos dos concellos galegos no marco desta liña de axudas, que na convocatoria deste ano conta cun orzamento de 3,5M€

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou as obras levadas a cabo na Casa do Concello de Paderne de Allariz para mellorar a súa accesibilidade coa instalación dun ascensor que comunica as súas tres plantas.

A Xunta colaborou nesta actuación con máis de 28.300 euros ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público. Coa nova plataforma vertical contribúese á prestación dun servizo de calidade aos usuarios das instalacións garantindo a accesibilidade ás persoas con mobilidade reducida ao suprimir as barreiras arquitectónicas.

O ascensor está situado na entrada e accede a todas as plantas. Antes da súa instalación, só era posible acceder a través de dous tramos de escaleiras á primeira planta, onde se sitúan os servizos de administración, alcaldía, secretaría e salón de plenos.

O Goberno galego apoia coa Orde de infraestruturas de uso público ás entidades locais galegas na creación ou mellora das súas instalacións destinadas á prestación de servizos municipais como parques infantís, dependencias municipais ou recintos deportivos, así como na renovación do alumeado público ou na pavimentación de camiños.

Esta mellora na Casa do Concello de Paderne de Allariz forma parte das 125 iniciativas financiadas o ano pasado na comunidade no marco desta orde de axudas, á que a Xunta destinou neste 2022 un orzamento de 3,5 millóns de euros.

O investimento total destinado a este municipio anos por parte da Administración autonómica ascende a máis de 232.400 euros para melloras ambientais e de infraestruturas. Así, xunto cos traballos relacionados coa accesibilidade na Casa do Concello levadas a cabo o ano pasado, a Orde de Infraestruturas de uso público permitiu nos últimos anos tamén renovar a cuberta neste edificio, dotar de equipamento ao pavillón polideportivo municipal de Rioseco, adecuar varios paseos e renovar o alumeado público dos núcleos de Golpellás, Ousende, A Costa, O Moredo e A Pousada.

En canto ás iniciativas encamiñadas á conservación do medio ambiente e do espazo natural co obxectivo de fomentar o desenvolvemento sostible do concello grazas ao Fondo de Compensación Ambiental (FCA), destacan en Paderne de Allariz actuacións de mellora da eficiencia enerxética no alumeado público ou as obras na rede de saneamento da escola infantil autonómica da Mancomunidade da Comarca de Ourense situada neste concello.

Relacionadas

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que...

0
― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€ ― Diego Calvo...

Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o...

0
Recorda que se traballará para manter a boa convivencia, incrementar o grao de satisfacción e consolidar os datos da última Enquisa de Residentes que...

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Publicacións Relacionadas