Home A Coruña Moi boa participación entre o alumnado do CIFP Paseo As Pontes na...

Moi boa participación entre o alumnado do CIFP Paseo As Pontes na súa inmersión ao mundo dos destilados 100% galegos

- Anuncio -

A formación foi dirixida pola vogal do Consello Regulador e enóloga Sonia Otero xunto con Alberto Rodríguez, presidente da Asociación de Repostería Tradicional de Melide

Un total de 18 alumnos e 3 profesores de 1º curso de Dirección de Servizos do CIFP Paseo As Pontes, na Coruña, xa coñecen os matices diferenciadores dos produtos 100% galegos, que ampara o Consello Regulador dos Augardentes e licores Tradicionais de Galicia.

A actividade contou coa dirección de Sonia Otero, vogal do Consello Regulador e enóloga. Estivo acompañada por Alberto Rodríguez, presidente da Asociación de Repostería Tradicional de Melide.

A sesión dividiuse nunha parte teórica e outra práctica. A primeira consistiu nun repaso polas características dos destilados. Así, recalcouse a importancia da boa etiquetaxe que certifique que os produtos teñen orixe galega. Tamén se mencionaron as principais funcións do Consello Regulador e os produtos amparados baixo as catro Indicacións Xeográficas ( IG): IG Bagazo de Galicia, IG Augardente de Herbas de Galicia, IG Licor de Herbas de Galicia e IG Licor Café de Galicia.

O alumnado e os profesores puideron distinguir os matices dos augardentes dependendo da variedade de uva que se utilice na súa elaboración. Tamén dentro desta mesma Indicación Xeográfica atópase o Augardente de Galicia Envellecido, que “se distingue dos anteriores pola permanencia mínima dun ano en envases de madeira”, explicou Otero. Precisamente este último foi o produto que máis sorprendeu; mentres o Licor Café de Galicia e o Licor de Herbas de Galicia, foron os destilados que máis gustaron.

Para terminar, os participantes penetráronse na repostería tradicional de Melide con Alberto Rodríguez, presidente da Asociación de Repostería Tradicional de Melide. Así, realizáronse varias maridaxes: Augardente de Galicia Envellecida co almendrado, Augardente de Herbas de Galicia co melindre e Licor Café de Galicia co rico (elaborado con fariña, ovos e manteiga cocida de vaca). Tamén se degustaron outras creacións como babá de Augardente de Galicia Envellecida e un crumble de rico e melindre con crema inglesa. Máis exemplos de como combinar os destilados galegos na repostería.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas