Home A Coruña O Local Interxeracional de Carral volve abrir as súas portas tras o...

O Local Interxeracional de Carral volve abrir as súas portas tras o parón pola covid-19

- Anuncio -

· A instalación funciona como lugar de convivencia entre a mocidade e as persoas maiores do municipio.

Tras o parón pola covid-19, o Local Interxeracional abriu de novo as súas portas esta semana. A instalación, sita na rúa Alcalde Juan Seijas, funciona como punto de encontro e como lugar de convivencia entre a mocidade e as persoas maiores do municipio.

A dependencia conta con dúas plantas e con alternativas de lecer para os veciños e veciñas de todas as idades. Deste xeito, o espazo dispón de televisións, xogos de mesa, futbolín, mesa de ping pong, etc. A maiores, hai unha sala con ordenadores e proxector para a realización de posibles cursos, obradoiros e para facer traballos O piso de abaixo conta, así mesmo, cunha sala de reunións que está á disposición das entidades e clubs que estean no Rexistro de Asociacións do Concello.

O Local Interxeracional é, ademais, o lugar onde se levan a cabo as sesións do Servizo de Atención Temperá compartido entre os Concellos de Carral, Abegondo e Bergondo. A instalación funciona de luns a venres de 16.30 a 20.30 horas.

Relacionadas

Aberta a inscrición para unha nova andaina saudable por Viladonelle e Anca o domingo...

0
O Concello de Neda vén de pechar o percorrido da andaina saudable do mes de maio. A ruta circular, prevista para o día 12,...

Ovidio Rodeiro lémbralle ao delegado do Goberno a urxencia de mellorar a seguridade viaria...

0
O alcalde solicitou a inclusión nos Orzamentos do Estado do proxecto de construción dunha rotonda na N-525, que facilitará o acceso ás aldeas de...

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Publicacións Relacionadas