Home Pontevedra Deza O IV Salón Motor Okasión abre mañá as súas portas con gran...

O IV Salón Motor Okasión abre mañá as súas portas con gran diversidade de propostas e presos

- Anuncio -

O EVENTO, QUE SE CONSOLIDA NO CALENDARIO DA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA, CONTARÁ CON MÁIS DE 400 COCHES SEMINOVOS, QUILÓMETRO CERO E DE OCASIÓN

O Salón Motor Okasión abre mañá as portas da súa cuarta edición no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, consolidándose así entre os eventos do seu calendario feiral.

Organizado por OK Eventos, o certame estenderase ata o domingo e converterase nunha magnífica oportunidade para atopar coches seminovos, quilómetro cero e de ocasión.

Contará na súa exposición con máis de 400 vehículos de distintas marcas, gamas e modelos, co obxectivo de adaptarse ás diferentes necesidades dos visitantes. Tamén os prezos serán diversos, con opcións para todo tipo de orzamentos que irán desde os 5.000 euros ata os 80.000 euros.

As catorce empresas presentes, que serán tanto concesionarios oficiais como compravendas multimarca de distintos puntos de Galicia, ofrecerán durante o tres días do certame interesantes promocións e tamén condicións especiais. Estas serán: Start Motor, Galaicar, Golden Car, Minerva, CCK, Grupo Car, Pais Automoción, Gr Cars, Senra Sport, Hyupersa, Outes Motor, JCV, Gómez Alén e Xaquín.

Un amplo horario

O custo da entrada será de 3€ por persoa e día, aínda que os menores de 16 anos poderán acceder de forma gratuíta. O horario de apertura da feira será moi amplo para facilitar a asistencia do público, estendéndose de 10.00h a 21.00h

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas