Home Deza Agolada A Depuación aproba preto de 880.000 euros co Plan Concellos para outros...

A Depuación aproba preto de 880.000 euros co Plan Concellos para outros catro municipios da provincia

- Anuncio -

Cangas, Caldas de Reis, Valga e Agolada destinarán estas achegas a saneamento, pavimentación de viarios e camiños ou mellora dos seus servizos

O goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe novos recursos para municipios da provincia ao abeiro do Plan Concellos. Así, a Xunta de Goberno deu luz verde a 879.420 euros da liña 1 de Investimentos que servirán para realizar obras en Cangas, Caldas de Reis, Valga e Agolada que, como detallou a presidenta, Carmela Silva, se destinarán a “saneamento, pavimentación de viarios e camiños ou mellora de servizos, actuacións, en definitiva, para mellorar a vida da xente”.

Para Cangas foron aprobadas tres achegas que suman 495.750 euros. A primeira, de 169.900€, servirá para pavimentar as rúas Pepe Simón e Lajes do Pico (ambos na parroquia de Darbo), a rúa Telleiro (en Coiro) e a rúa Ferruxiña (en Aldán), e facer unha senda peonil na rúa da Garita en Santa Marta (Darbo). Cangas rehabilitará tamén o cemiterio de Coiro a través dunha subvención de 167.350 euros cos que se realizarán actuacións de pavimentación, execución de ramplas con varandas para salvar os desniveis ou a impermeabilización da cuberta da capela. A terceira achega aprobada é de 158.500 euros e servirá para realizar unha pavimentación ecolóxica na rúa de Fora (en Donón) que foi demandada pola veciñanza desta zona de gran tránsito que comunica o mirador da Caracola de Donón co aparcadoiro do Monte do Facho.

O goberno provincial aprobou tamén 74.630 euros para Caldas de Reis que realizará unha substitución de saneamento no Camiño Real, que na actualidade se atopa deteriorado. Esta obra comprende ademais a reparación do pavimento da calzada e a total substitución dos servizos enterrados xa existentes na rúa. A Valga chegarán 225.440 euros para a mellora de servizos nun tramo de 500 metros da Avenida da Coruña no lugar de Ponte Valga, e a Agolada outros 83.600 euros para mellorar camiños de titularidade municipal con firme de formigón nas aldeas de Val, Agra e Cima de Vila.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas