Home A Coruña A Xunta entrega un remolque de emerxencias á Agrupación de Voluntarios de...

A Xunta entrega un remolque de emerxencias á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carnota

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou aos efectivos desta agrupación á que a Xunta apoiou nos últimos anos con máis de 80.400 euros nos seus gastos de funcionamento e en material de emerxencias cedido

― O investimento da Administración autonómica nas AVPC da comunidade acada os 18M€, dos que 14M€ se destinaron a reforzar o seu equipamento e os 4M€ restantes aos seus custos de mantemento

― O Goberno galego achegou 1M€ á orde de axudas do ano pasado destinada a material, que permitiu a adquisición de 6 remolques como o entregado hoxe en Carnota, xunto con 26 tendas de campaña para emerxencias, 19 vehículos tipo pick-up, 8 esparexedores de sal e 8 coitelas para a retirada de neve
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou esta mañá aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Carnota á que fixo entrega ademais dun remolque de emerxencias co que reforzar o seu equipamento.

Este remolque súmase a outro material cedido á agrupación nos últimos anos como un vehículo tipo pick-up, unha embarcación e un traxe de protección fronte á vespa velutina velutina, o que supuxo un investimento de máis e 65.800 euros. A esta contía súmanse outros 14.500 euros en apoio aos seus gastos de funcionamento, polo que a inversión total da Xunta co obxectivo de manter a actividade da agrupación carnotá supera os 80.400 euros.

O remolque entregado hoxe é un dos 6 que forman parte da orde de axudas do ano pasado dotada con 1 millón de euros e destinada a material para as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. Ademais dos remolques de emerxencias, entre o material cedido ás agrupacións inclúense tamén 26 tendas de campaña para emerxencias, 19 vehículos tipo pick-up, 8 esparexedores de sal e 8 coitelas de retirada de neve para as actuacións en concellos máis afectados polas nevaradas.

O investimento da Administración autonómica nas AVPC da comunidade acada os 18 millóns de euros, dos que 14 millóns se destinaron a reforzar o seu equipamento e os 4 millóns restantes aos seus custos de mantemento. Nesta liña, a Xunta destina este ano 340.000 euros á liña de axudas para sufragar os gastos das agrupacións de concellos de menos de 5.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos.

Santiago Villanueva destacou o importante esforzo da Xunta na dotación aos servizos de emerxencias do material necesario co que levar a cabo o seu traballo nas mellores condicións. En conxunto, máis de 21 millóns de euros, entre os 14 millóns en material destinado ás AVPC e os máis de 7 millóns para reforzar o equipamento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).

Tamén puxo en valor o traballo desinteresado e altruísta dos voluntarios das AVPC co obxectivo de velar pola seguridade da veciñanza e a importante colaboración que prestan aos servizos de emerxencias tanto nas tarefas de prevención como na atención ás incidencias.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Publicacións Relacionadas