HomePontevedraCaldasO concello de Portas chega a un acordo coa organización de "PortAmérica"...

O concello de Portas chega a un acordo coa organización de “PortAmérica” para que a mocidade do municipio acceda gratis aos concertos

- Anuncio -spot_img

Esta iniciativa substituirá á tradicional Festa da Xuventude que se celebraba no municipio.

Os empadroados no municipio de 16 a 30 anos poderán retirar nominalmente as súas entradas nas oficinas municipais.

O Concello de Portas acaba de chegar a un acordo coa organización de “PortAmérica” que permitirá que os mozos e mozas empadroados no municipio de entre 16 e 30 anos de idade que desexen acceder aos concertos dos días 2, 3 e 4 de xuño poidan facelo de xeito gratuíto.

Os interesados poderán retirar os seus tíckets nominais nas oficinas municipais, dentro duns días previa comunicación pública na web e nas redes sociais oficial do Concello, unha vez que se comprobe a súa identidade e se vexa que están realmente empadroados en Portas.

Esta iniciativa pretende substituír á Festa da Xuventude que se viña organizando no municipio por parte do Concello e probarase este formato para ver o resultado que dá unha vez que desde o equipo de goberno se detectou grande interese pola mocidade en asistir aos concertos programados por “PortAmérica”.

“PORT AMÉRICA”, UNHA AUTÉNTICA FESTA DA XUVENTUDE

Deste xeito, o Concello de Portas pretende favorecer que os mozos e mozas do municipio disfruten do festival musical “PortAmérica” como si dunha auténtica Festa da Xuventude se tratara para o cal facilitará gratuítamente a cada mozo ou moza con idades comprendidas entre 16 e 35 anos unha entrada para asistir a este evento que se celebrará no mes de xuño na Azucreira.

Para poder asistir ao festival, totalmente gratis, os mozos e mozas que queiran dispoñer dunha entrada nominativa deberán achegarse debidamente identificados ata as oficinas do Concello e retirar a correspondente invitación no momento que se abra o proceso, que se fará dun xeito ordenado próximamente e se dará a viso á veciñanza.

Deste xeito o Concello de Portas permuta a tradicional “Festa da Xuventude” polo acceso a “Port América”, un evento que polas súas característica se ten convertido nun auténtico acontecemento de grande interese e atractivo para toda a mocidade.

Publicacións Relacionadas